Antonio Golpe invita aos ferroláns a sentirse orgullosos da figura de Carvalho Calero

Antonio Golpe presentando «As pitas baixo a choiva» | Concello de Ferrol

O concelleiro de Cultura e Educación, Antonio Golpe, presentou esta mañá no Teatro Jofre unha nova actividade das programadas polo Concello de Ferrol ao redor da figura homenaxeada nas letras Galegas deste ano, o ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Despois da inauguración da exposición sobre a vida e obra do autor, que pode visitarse no centro cultural Torrente Ballester ata o 31 de maio, e de que a Real Academia Galega elixise o CEIP Cruceiro de Canido para representar a obra teatral As pitas baixo a choiva, o Jofre acollerá este domingo, ás 18 horas, unha nova representación da obra da man de Teatro dos Ghazafelhos e cargada de teatro e música.

O concelleiro destacou que a conmemoración do escritor ferrolán “é un acto de xustiza” e que todos os ferroláns “debemos sentirnos orgullosos da figura de Carvalho Calero, o recoñecemento o ten moi merecido”. Golpe destacou que o escritor pagou un importante prezo por defender as súas ideas e lembrou as palabras do alcalde, Ángel Mato, na inauguración da exposición, «cando apuntou que o homenaxe ao escritor é unha mostra de madurez cultural”.

O edil engadiu que, ademais da representación da obra, o proxecto inclúe a elaboración dunha unidade didáctica sobre o texto do autor dirixida a nenos de infantil e primaria. Neste senso, Pim Patinho, coordinadora das Equipas de Normalización Lingüística, explicou que o obxectivo da actividade escolar é “achegar” o autor aos pequenos a través do teatro e a música e agradeceu ao Concello de Ferrol o seu apoio e a súa aposta por dar a coñecer a figura de Carvalho Calero.

Pola súa banda, Marina Valencia, mestra e pedagoga, explicou que a unidade didáctica inclúe atractivos detalles da vida do escritor e supón unha boa ferramenta para traballar cos pequenos diferentes emocións. O historiador Miguel García foi o encargado de elaborar a biografía de Carvalho Calero “adaptada aos pequenos”. É unha figura “do nivel de Rosalía de Castro o Eduardo Pondal pero que no tivo o mesmo recoñecemento”, dixo. Os actos de conmemoración son “unha boa oportunidade para difundir a súa obra e colocar Ferrol no mapa”.

Por último, o director da obra teatral, Pepablo Patinho, recoñeceu que traballando no relato do autor ferrolán deuse conta de que “é moito máis grande do que pensamos”. É un autor “do que temos que sentirnos orgullosos e facer todo o que poidamos para dalo a coñecer”.

Lea también

Neda celebra las XIX jornadas literarias poniendo el foco en «Trazos de Xapón»

«Un encontro entre a caligrafía e a palabra escrita” que reunirá los días 25, 26 y 27 a …

Un comentario

  1. Puestos a venirnos arriba podríamos compararlo con Shakespeare o Cervantes, ya puestos; pero claro, lo dicen unos que se llaman «equipas» porque así aúnan feminismo y galleguismo y se quedan encantados.

    No, no me siento en absoluto orgulloso de Carballo Calero, y no soy menos ferrolano ni gallego que vosotros, y por supuesto mi madurez cultural no la evalúa un edil.

    Es que ni para homenajear dejáis de adoctrinar, vaya tela.