O espectáculo “Hambre” chega mañá ao escenario do Torrente Ballester cargado de teatro, música en directo e gastronomía

A oferta cultural programada polo Concello de Ferrol continúa esta fin de semana con dous novos espectáculos. Mañá venres, ás 20.30 horas, terá lugar no centro cultural Torrente Ballester a representación de Hambre, unha comedia da compañía La Líquida da man do actor David García-Intriago dirixida ao público a partir dos 16 anos. O obra consigue unir teatro, gastronomía e música en directo (violonchelo o violín) para encher espíritos, estómagos e conciencias.

Un viaxe cargado de humor da man da novela O Quixote que busca confirmar iso de que a risa é o alimento da alma e que a cultura é o único que nos pode salvar. As entradas custan 6 euros e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Jofre e no Torrente Ballester o mesmo día da función desde as 19 horas.

O domingo 23, ás 18 horas, o Teatro Jofre acollerá a obra teatral As pitas baixo a choiva, da compañía Ghazafelhos. Trátase dun texto de Pepablo Patinho baseado no relato de Ricardo Carvalho Calero coa presenza de algúns personaxes que recordan as súas obras As Xentes da Barreira, O Lar de Clara, O país de Erika e Aos Amores Serodios. O espectáculo é para un público familiar e conta a historia de Ludivina e Tereija, dúas pitas que viven no curral da Barreira que agardan a visita de Ricardiño, o neno que a veces xoga con elas. Tamén esperan que ese dia choiva, pois cando iso ocorre o pequeno tolea e perségueas ate pechalas no curral. O espectáculo é gratuíto e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Jofre. O horario de atención ao público é de martes a venres de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas. Sábados, domingos e festivos de función abrirá de 11 a 13 e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma.

Lea también

La gráfica del miércoles, día 11. Nuevo Doctor Honoris Causa

El salón de actos «Concepción Arenal» del Campus de Ferrol acogió en la mañana de …