Ferrol celebra esta fin de semana dúas citas co teatro de monicreques para o público familiar

O Concello de Ferrol continúa coa súa programación cultural, neste caso con dous espectáculos de teatro de monicreques dirixidos a un público familiar. O sábado 29, ás 19.30 horas, terá lugar no centro cultural Torrente Ballester “Vida”, premio ao mellor espectáculo de pequeno formato na fería de teatro Feten 2018 e premio ao mellor espectáculo de teatro na XXXI Fería Internacional de Teatro e Danza de Huesca, entre outro recoñecementos. Trátase dunha obra de Javier Aranda para un público familiar desde os 7 anos a través de dúas mans e o universo dunha canastra de costura. As entradas custan 5 euros e xa están dispoñibles no despacho de billetes do Teatro Jofre.

A oferta cultural impulsada polo Concello de Ferrol inclúe tamén para esta fin de semana outra representación de teatro de monicreques no Teatro Jofre: “Jon Braun”, da compañía Anita Maravillas Teatro e dirixida a un público familiar desde os 4 anos.

Narra a historia dun poboado dos pequenos indios onde reina a alegría. Un día as vidas de Jon Braun e a súa imán sepáranse e o protagonista decide ir a buscala. É unha emocionante historia que conta que o amor pode vencer a adversidade. As entradas custan 5 euros e xa están dispoñibles no despacho de billetes do Teatro Jofre.

Maxia no Auditorio

O Mago Yunke, considerado como un dos mellores ilusionistas da actualidade, levará esta fin de semana o seu espectáculo “Conjuro” ao Auditorio de Ferrol. Trátase dun show cheo de misterio, beleza e risco, con situacións sobrecolledoras e hipnóticas. Yunke é un innovador no seu campo, inventor de ilusións e creador de mecanismos máxicos que xa levou por numerosos países. É tamén un habitual de programas de televisión. Pasou, por exemplo, por “El hormiguero”, “Luar”, “Gran hermano” ou “El show de Flo”.

O espectáculo que ofrecerá este domingo, 1 de marzo, ás 19 horas (a partir de 18 euros) presenta as súas mellores ilusións e creacións máxicas, ademais das que o levaron a ser un dos máis recoñecidos magos do mundo. Segundo avanzan dende a súa produtora, “Conjuro” ofrece “grandes ilusións de espectacular impacto que se entrelazan coa música e unha impecable posta en escena, enriquecendo a interacción co público”, é dicir, “un tipo de ilusionismo inédito en España” que, ademais, “fará as delicias de todo tipo de público”. A súa duración aproximada é de 75 minutos.

Lea también

La gráfica del miércoles, día 11. Nuevo Doctor Honoris Causa

El salón de actos «Concepción Arenal» del Campus de Ferrol acogió en la mañana de …