Inicio da Liga de Dúatlon de Segunda División en Alcobendas para o Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol a tempada pasada en Sevilla | Triatlón Ferrol

O equipo masculino do Triatlón Ferrol disputa esta fin de semana en Alcobendas as dúas primeiras xornadas da Liga de Dúatlon de Segunda División.

Por unha banda, o campionato de España de dúatlon por clubs premiará a regularidade do equipo ao puntuar os postos de cada un dos dez integrantes do conxunto ferrolán. Liderados por Iván Puentes, que o domingo en Poio logrou a clasificación para o campionato de España elite a nivel individual, completan o equipo Marcos Ruiz, Alejandro Rilo, Juan Rejas, Juanchi González, David Campos, Jorge Morado, Hugo Prida, Daniel Martín e François Vie.

Pola outra, o campionato de España por relevos mixtos precisará da colaboración de Pauline Vie e a canteirá Sabela Caneiro, bolseira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Lea también

A marcha galega no cumio mundial

A marcha galega escribía esta fin de semana durante a disputa do Campionato do Mundo por …