A Escola Javi Gómez Noya dá o o primeiro paso para un tríatlon inclusivo

Raquel Ruiz (no centro) será a adestradora | Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya amplía as súas posibilidades de formación ao contar cunha adestradora especializada en tríatlon inclusivo, tras o curso realizado na Federación Española por Raquel Ruiz.

A técnica do Triatlón Ferrol adquiriu os coñecementos necesarios para poder adestrar triatletas con discapacidade, ao ter en conta as adaptacións necesarias a cada categoría de paratríatlon, o seu regulamento específico e as particularidades no deporte escolar.

Raquel Ruiz, deportista, árbitra e adestradora que este curso rematará o nivel 2 de tríatlon, estuda ademais o nivel A2 de lingua de signos.

Queremos que nun futuro a nosa escola sexa inclusiva e que a formación de posibles paratriatletas que queiran incorporarse sexa conxunta con tódolos demais”, adianta a técnica do club departamental sobre esta nova opción que abre o Triatlón Ferrol.

Lea también

Los remeros de Ares preparan la ACT desde sus casas

(Jorge Martínez) El deporte del remo, como todos los demás se ha paralizado tras la …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *