O alcalde e o concelleiro de seguridade depositaron un ramo de flores en Esteiro en memoria das vítimas do 11M

Acto institucional do 11 de marzo | Concello de Ferrol

O alcalde, Ángel Mato, presidiu esta mañá en Esteiro, no xardín situado á beira da rúa de San Ramón, o acto institucional en memoria das vítimas do 11M, un atentado do que hoxe se cumpren 16 anos. Tras lembrar aos asasinados, dixo que esa data tamén permanecerá no recordo “como exemplo de solidariedade ante unha das agresións máis ignominiosas que ten sufrido este país”. Mato defendeu “as armas que proporciona o Estado de dereito” como “única forma de actuar ante quen só pode exhibir como argumentos as balas e as bombas” e reclamou a fin do terrorismo e da violencia no mundo. Para finalizar o acto, no que a banda de música interpretou varias pezas, o rexedor e o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, depositaron un ramo de flores ante a placa que lembra ás vítimas do atentado.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …