Alumnos do IES Canido pasan á final do Club de Debate

Participantes no Club de Debate | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol participou onte na primeira fase do Club de Debate, dirixido ao alumnado de 3º, 4º da ESO, Bacharelato e ciclos formativos. Trátase dun proxecto para a dinamización lingüística entre a mocidade organizado por varios concellos galegos a raíz dun convenio asinado no ano 2014 que busca contribuír ao uso oral do galego e ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersoal á vez que promove a reflexión e o intercambio de opinións.

Por parte de Ferrol participaron un equipo do IES Leixa e dous do IES Canido, que competiron con outros cinco grupos dos municipios de Narón (1), Outes (2) e Negreira (2). O primeiro gañador foi un equipo de Canido e o segundo outro de Negreira, que obtiveron un vale de 500 e 300 euros respectivamente. Cada grupo tivo que defender a postura a favor e en contra do tema “É necesaria a monarquía no século XXI”.

Despois da celebración da primeira fase onte, na que participaron outras dous áreas ademais da de Ferrol —Santiago de Compostela, Ames e Teo por un lado e Pontevedra, Redondela e Rianxo por outro—, está previsto que a fase final celebrarse o 16 de maio en Santiago. O vencedor poderá gozar dunha viaxe educativa cultural para 25 alumnos do centro escolar polo norte de Galicia o Portugal.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …