O Speis de Narón deseña un programa sobre prevención persoal ante a exposición ao Covid-19

Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón e Protección Civil continúan traballando durante a vixencia do estado de alarma nas tarefas preventivas e outras vencelladas á planificación dos traballos de control de zonas vulnerables e puntos de risco sensibles ou susceptibles de risco. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que ante a crise sanitaria pola expansión do coronavirus, “dende o Speis de Narón estase evaluando o risco de exposición e aplícanse medidas correctoras de urxencia para previr a contaminación, atendendo ás pautas das autoridades sanitarias para control de espazos públicos”.

Co fin de poñer en práctica estas pautas, os profesionais que integran o Speis de Narón realizaron prácticas tanto nas instalacións do Corpo en Río do Pozo como nas da antiga Casa Cuartel da Garda Civil en Xuvia. Ás indicacións que as veciñas e veciños
reciben sobre como afrontar unha situación deste tipo súmase a necesidade de
completar ese labor con traballos en espazos vulnerables ou catalogados como
de risco especial, tal e como destacou a rexedora local.

En canto ás accións a levar a cabo en espazos abertos, no Plan de Control de Zonas Vulnerables elaborado dende o Speis de Narón realízase especial incidencia naqueles que poden rexistrar unha elevada concentración de persoas e con escasa ventilación, que supoñen un foco propenso á transmisión de patóxenos. Os centros de saúde, centros de día, centros cívicos sociais, edificios públicos de atención diaria e edificios singulares, así como locais de venda de produtos de primeira necesidade, atópanse neste tipo de casos, nos que é imprescindible garantir as condicións hixiénicas para evitar posibles riscos. “Co obxectivo de garantir a seguridade neses espazos, dende o Concello levamos á práctica dende o primeiro día un exhaustivo programa de
limpeza no que tamén se implica a área de Servizos, aplicando técnicas de
desinfección acordes para cada un destes espazos e tamén da vía pública e do
mobiliario urbán para cuxa planificación, coordinación e desenvolvemento contamos co traballo do equipo do Speis”, apuntou Ferreiro.

Estes últimos profesionais elaboraron un catálogo no que se contemplan a totalidade dos barrios da cidade e tamén a zona rural, establecéndose unha prioridade dos
traballos de desinfección a realizar en función do réxime poboacional. Unha
prioridade que, tal e como se determinou dende o Speis, pode modificarse en función da evolución da situación actual.

“Ao labor previo de evaluación de riscos súmase a disposición dos equipos axeitados de protección persoal cos que conta o Speis para desenvolver o seu traballo cumprindo un estrito protocolo á hora de enfundarse nos mesmos”, asegurou a alcaldesa. Protección respiratoria, luvas e roupa de protección e protección ocular e facial cubren esas garantías de seguridade do persoal do Speis, “que segue procedementos moi específicos á hora de colocar e retirar a totalidade do equipamento para garantir a efectividade dos mesmos e a súa protección”.

“A información e a formación son dous factores a ter moi en conta ante unha situación como a que estamos vivindo para protexer ás persoas expostas a patóxenos, como neste caso o Covid-19”, apuntou Ferreiro, incidindo no feito de que “é fundamental a protección dos traballadores dos diferentes servizos que se están prestando e da cidadanía en xeral, ao estar expostos ao contacto co coronavirus”. Sobre os profesionais que se afanan estes días en desinfectar varias zonas do termo municipal a alcaldesa agradeceu o seu labor “tanto no que respecta ás compañías da área de Servizos como ao Speis, que actúan polo momento naqueles casos particulares nos que se comunican dende as autoridades sanitarias posibles infectados polo coronavirus”.

Lea también

O Concello abrirá esta semana a Casa do Mar como albergue provisional para 24 persoas sen teito

O Concello de Ferrol xa ten todo preparado para que a Casa do Mar entre …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *