O CIM e a Casa da Muller seguen atendendo ao público a través do teléfono

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller, que dirixe Cristina Prados, puxo a disposición da cidadanía dous números de teléfono de atención ao público de 9 a 14 horas de luns a venres unha vez pechara a presencial na Casa da Muller con motivo do estado de alarma decretado polo Goberno central.

Poderá contactarse co CIM (Centro de Información á Muller) no número 981 944 124, que será atendido en semanas alternas pola avogada e psicóloga da entidade respectivamente. Pola súa banda, no número 981 944 240 aclararanse o resto de dúbidas relacionadas coa actividade da Casa da Muller.

A concelleira Cristina Prados lembra que “a atención continúa prestándose durante o tempo que dure o confinamento” e insiste en que “as mulleres da cidade continúan estando apoiadas e protexidas polo Concello”.

Lea también

Ciclo de Aulas temáticas para a promoción da saúde dos maiores na AVV de San Pablo en Ferrol

Están organizadas pola Asociación Cáritas e a Consellería de Política Social, en colaboración coa Asociación …