Os concellos da Mancomunidade coordinarán as medidas fiscais para apoiar aos sectores máis prexudicados polo estado de alarma

Vídeoconferencia de la Mancomunidade | Concello de Ferrol

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou esta mañá, entre as 12.00 e as 13.00 horas, unha reunión por videoconferencia. Foi presidida polo presidente e alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e contou coa asistencia da totalidade dos representantes municipais que integran este órgano: os alcaldes Julio Iglesias (Ares), Carlos Ladra (Cabanas), Pablo Moreda (Cedeira), Juventino Trigo (Fene), Juan Domingo de Deus (Mugardos), Marián Ferreiro (Narón), Ángel Alvariño (Neda) e Alberto González (Valdoviño) e o segundo representante do Concello de Ferrol no pleno da Mancomunidade, Iván Rivas.

Na reunión acordouse que os nove concellos coordinarán a adopción de medidas fiscais en relación co cobramento de taxas e impostos municipais coa finalidade de que se atenda á situación das persoas e actividades económicas máis prexudicadas pola declaración do Estado de Alarma, de forma adecuada e proporcionada. Os concellos terán en conta as pautas marcadas polo Estado, A Xunta e a Deputación, e asesoraranse entre si tratando de que as medidas, aínda que se adapten ás circunstancias específicas de cada municipio, sexan coherentes co fin de que non existan disparidades entre concellos e os beneficiarios perciban con claridade o respaldo da Administración.

A xuntanza tamén serviu para compartir información sobre a loxística despregada en cada concello en relación co acceso e distribución de material de protección fronte ao coronavirus, atención sociosanitaria, etcétera. Os concellos destacaron o inmenso labor das persoas implicadas nestas tarefas e acordaron brindarse colaboración entre si a través dos respectivos servizos de Protección Civil no caso de que se detecte esa necesidade.

Alén de dificultades técnicas iniciais, o encontro desenvolveuse correctamente a través de videoconferencia, polo que os asistentes acordaron fixar unha nova reunión por este mesmo sistema para o vindeiro mércores, día 8 de abril, ás 12.00 horas, mantendo a coordinación por outras vías ata esa data.

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …