O Concello reforza o sistema de teletraballo para que todo o persoal poida acceder de forma simultánea á rede municipal

O Centro de Recursos Informáticos (CRI) do Concello de Ferrol acaba de dar un novo paso na mellora dos procesos de teletraballo, destinados a que o persoal municipal poida levar a cabo as súas funcións mentres cumpre co confinamento decretado polo Goberno. Trátase da implantación dun novo sistema que permitirá un acceso sen restriccións de tempo nin de quendas dende o domicilio.

O pasado 13 de marzo, xusto a véspera de que o Consello de Ministros acordase a declaración do estado de alarma, o CRI, dependente do concelleiro Julián Reina, puxo en marcha un plan para evitar que os traballadores tivesen que acudir aos seus postos nas dependencias municipais, agás os que desempeñan funcións esenciais (a día de hoxe, un número moi limitado).

Detectadas as necesidades para poñer en marcha este sistema, os informáticos centráronse nos primeiros días en facilitar acceso á rede municipal a persoas concretas designadas polos responsables de cada área, dada a limitación inicial de licenzas para a conexión. Deste xeito, o servizo organizouse e estruturouse ao principio “intentando que o Concello funcionase coa maior normalidade posible”, explica o tamén voceiro do goberno local, á vez que se comezaban a explorar vías para poder prestarllo ao 100 % dos traballadores. Iso, tendo en conta que era moi importante igualar o servizo para distintos tipos de conexión, non sempre de banda longa. O incremento do número de licenzas permitiu que esta semana ao longo dunha mesma mañá ata cen persoas puidesen entrar na intranet municipal dende os seus domicilios, aínda que non todas ao mesmo tempo.

Agora, co sistema que botou a andar onte, ábrese a posibilidade de que todo o persoal que o necesite continúe a traballar en remoto, pero a partir de agora, simultaneamente. Isto é factible grazas “á constante e rápida mellora lograda polo equipo humano do Centro de Recursos Informáticos e á súa capacidade para adaptarse a esta situación inédita”, afirma Julián Reina. A nova conexión reduce de maneira significativa o uso de datos, polo que incluso pode funcionar a través dun teléfono móbil 4G, é dicir, dende lugares nos que non está dispoñible a banda longa, como moitos puntos da zona rural.

Plenos telemáticos

Reina sinala tamén que o departamento de informática do Concello xa está a buscar “a mellor solución técnica” para que os plenos municipais se poidan celebrar de forma telemática e coa participación tanto dos 25 edís que compoñen a corporación coma dos funcionarios que deben figurar. O obxectivo é cumprir as esixencias contempladas na disposición final segunda do Real Decreto-ley 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19. Nela recóllese unha modificación da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, pola que se engade un novo apartado 3 ao artigo 46, coa seguinte redacción:

«3. En todo caso, cuando concurran situaciones excepcionales de fuerza mayor, de grave riesgo colectivo, o catástrofes públicas que impidan o dificulten de manera desproporcionada el normal funcionamiento del régimen presencial de las sesiones de los órganos colegiados de las Entidades Locales, estos podrán, apreciada la concurrencia de la situación descrita por el Alcalde o Presidente o quien válidamente les sustituya al efecto de la convocatoria de acuerdo con la normativa vigente, constituirse, celebrar sesiones y adoptar acuerdos a distancia por medios electrónicos y telemáticos, siempre que sus miembros participantes se encuentren en territorio español y quede acreditada su identidad. Asimismo, se deberá asegurar la comunicación entre ellos en tiempo real durante la sesión, disponiéndose los medios necesarios para garantizar el carácter público o secreto de las mismas según proceda legalmente en cada caso.

»A los efectos anteriores, se consideran medios electrónicos válidos las audioconferencias, videoconferencias, u otros sistemas tecnológicos o audiovisuales que garanticen adecuadamente la seguridad tecnológica, la efectiva participación política de sus miembros, la validez del debate y votación de los acuerdos que se adopten».

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …