Os estranxeiros que precisen renovar a inscrición no padrón deberán acudir ao Concello cando se reabran as oficinas municipais

O departamento de Estatística do Concello, dependente da concelleira María Teresa Deus, está a avisar aos habitantes que teñan que renovar a inscrición no padrón para que, cando se poidan reabrir as oficinas municipais e volvan prestar atención ao público con normalidade, se acheguen a realizar este trámite. A inscrición no padrón municipal dos estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia permanente no país está suxeita a revisión cunha periodicidade de dous anos, e transcorrido este tempo a Administración local pode acordar a caducidade. O trámite que deben facer os interesados consiste en ratificar os datos que xa constan no Concello incluíndo unha declaración de continuar vivindo en España e a súa vontade de renovar a inscrición.

Para axilizar as notificacións, Estatística está a contactar por teléfono coas persoas afectadas, e nos casos nos que non sexa posible localizalas por este sistema, estanselles a enviar cartas ás direccións que constan no padrón.

O departamento municipal, que está a desenvolver as súas funcións mediante teletraballo, segue a expedir volantes de empadroamento para aquelas persoas que non dispoñen de certificado dixital co que acceder á sede electrónica e os necesiten para asuntos urxentes, coma ERTEs, moratorias de hipotecas, convivencia con maiores ou acreditar desprazamentos, entre outros.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …