A campaña municipal “Axuda con alimentos” recibiu hoxe máis de 2.500 quilos de productos

Alimentos doados ao Banco de Alimentos | Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, visitou esta mañá o centro de distribución do Banco de Alimentos Rías Altas, na Gándara, onde se está a recopiar todos os produtos que se están a doar a través da campaña municipal “Axuda con Alimentos”, unha iniciativa posta en marcha a comezos deste mesmo mes e que consiste en xestionar a recollida de alimentos que os veciños de Ferrol, aproveitando que acuden a o seu supermercado habitual a mercar, adquiren produtos para doar as familias cuxa situación económica empeorou como consecuencia da crise sanitaria. Efectivos da agrupación de Protección Civil encárganse de recoller os produtos seguindo un estrito protocolo de actuación deseñado polo departamento municipal de Seguridade e entréganos ao Banco de Alimentos Rías Altas, desde onde repártese ás familias que neste momento se atopan sen recursos.

Esta mañá producíronse catro importantes doazóns de comida adquirida en establecementos da cidade procedente da Agrupación de Asociacións de Veciños do Rural, a Comunidade de Montes de Covas e Esmelle e a Xunta de Cofradías da Semana Santa. Protección Civil tamén entregou hoxe productos doados por particulares en Carrefour. En total suman máis de 2.500 quilos de comida.

Unha sociedade solidaria

Na súa visita, o alcalde, acompañado polos concelleiros de Seguridade, Germán Costoya, e a de Benestar Social, Eva Martínez Montero, interesouse polas necesidades máis urxentes do banco. Os seus responsables trasladáronlle que neste momento requiren de leite para adultos e infantil, pratos preparados, conservas de pescados e vexetais, salsa de tomate, pasta, azucre e cereais para adultos.

Mato aproveitou a ocasión para agradecer a todos os particulares e entidades a súa colaboración nesta campaña. “O noso obxectivo é axudar a todas aquelas persoas que nestes tremendos momentos ten máis dificultades para facer as súas comidas diarias”, dixo, e “hoxe imos recibido tres importantes doazóns das que estamos moi satisfeitos”. A todos eles, dixo, “moitas grazas, o meu máis sincero agradecemento pola súa implicación”.

Tanto Manuel Sendón, presidente da Agrupación de Asociacións de Veciños do Rural, como César Carreño, presidente da Xunta de Cofradías da Semana Santa, mostraron ao alcalde os palés de comida doados polas súas respectivas asociacións e manifestaron a súa vontade de seguir colaborando. Pola súa banda, Mato destacou que os cidadáns están a demostrar o que é Ferrol, «unha sociedade solidaria” que está a colaborar para que “os máis vulnerables o pasen un pouco mellor”.

Para que Protección Civil pase a recoller os alimentos que reúnan, deben enviar un correo electrónico a alcaldia@ferrol.es ou chamar ao número de teléfono 981 320 000.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …