Ferrol en Común súmase á petición de trasladar ao 2021 a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Despois de moitos anos perseguindo a homenaxe máis que merecida ao escritor Ricardo Carvalho Calero polo Día das Letras Galegas, e conseguida por fin este ano 2020 grazas á demanda incansable de moitos colectivos, a grave crise que estamos sufrindo a causa do COVID-19 obrigou a suspender todos os actos programados con motivo de tal recoñecemento.

Son moitos os esforzos e moitas as entidades culturais e sociais, asociacións, administracións, organización políticas, que levan traballando moito tempo para desenvolver no ámbito do ensino e da cultura actividades e programas que deran a coñecer a figura de Carvalho Calero e toda a súa traxectoria, pero a situación que estamos a vivir non permite o pleno despregue de ditas accións e tampouco é este, o mellor escenario para desenvolvelo, polo que dende Ferrol en Común, súmanse á petición de distintos colectivos de trasladar a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero ao vindeiro ano 2021.

A opción de alongar ao 2021 a dedicación do Día das Letras Galego ao ilustre escritor, «daría a posibilidade real de difundir o seu legado e a súa obra como ben merece, dando a oportunidade de levar a cabo todo o abanico de actos conmemorativos e difusión en todos os niveis, como ben sendo habitual«.

Por ese motivo, «e pola excepcionalidade que estamos a vivir, pensamos que a Real Academia Galega debe pospoñer ao vindeiro ano 2021 o recoñecemento á figura de Ricardo Calvalho Calero«, solicitan dende Ferrol en Común.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …