O BNG considera que é o momento de avanzar na peonalización da cidade

Iván Rivas y María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque nacionalista Galego de Ferrol instou esta mañá ao goberno municipal a que proceda a habilitar novos espazos peonís na cidade que de xeito transitorio complementen aos xa existentes de cara a facilitar as medidas de distanciamento precisas e así mesmo considera que «é o momento de avanzar definitivamente no proceso de peonalización permanente que esta cidade precisa«.

Para o BNG a afluencia masiva de veciños e veciñas nas rúas, paseos e zonas verdes da cidade como consecuencia das saídas permitidas na desescalada do confinamento por mor do COVID-19 «obrigan ao Concello a ter que adoptar medidas excepcionais como poden ser a restricción do tráfico rodado en determinadas zonas que permitan ampliar o espzao adicado as peóns de cara a poder pasear mantendo a distancia de seguridade minima entre persoas«.

O BNG considera que «hai que ter en conta que esta nova forma de vivir, relacionarse e os desprazamentos a pé non vai ser algo temporal e cómpre que redefinamos a mobilidade na cidade para termos uns espazos o máis seguros posibles para a saude«.

Desde o BNG creen que «ademais de adoptar medidas inmediatas para a habilitación de espazos para a circulación peonil é o momento de recuperar e desenvolver os procesos de humanización de espazos como os paseos de Caranza e A Malata ou a peonalización de barrios como o da Madalena, que este goberno local mantén nun segundo plano, e acometer estas decisións de xeito global tendo en conta que as peonalizacións parciais ou progresivas únicamente provocan unha maior conxestión do tráfico«.

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …

2 comentarios

  1. O BNG que se vaia preparando, que nas próximas autonómicas vanse enterar.

  2. Como siempre o BNG con nocturnidade e alevosía, agora que a xente esta noutras cousas e non pode protestar… aproveitan…