A alcaldesa e o edil de Promoción Económica reuníronse coa Asociación de Comerciantes de Narón para impulsar unha campaña no sector

 A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, mantiveron na tarde deste xoves unha reunión, de xeito telemático, con representantes da Asociación de Comerciantes de Narón. O encontro, convocado polo goberno local, tiña entre as súas finalidades abordar o desenvolvemento dunha campaña sobre o comercio local, “plantexada co obxectivo de ofrecer ao sector a colaboración do Concello para paliar as perdas que rexistra o sector tralo cese na súa actividade na maioría dos casos ou a merma de ingresos debido á crise sanitaria pola Covid-19”, explicou Ferreiro.

No transcurso da reunión Ferreiro e Pita analizaron cos comerciantes algunhas cuestións relativas á actual situación do sector e quedaron en reunirse de novo dentro duns días para poder concretar algunhas opcións respecto a esta nova iniciativa.
Dende o goberno local continuamos impulsando diversas medidas encamiñadas a impulsar diferentes sectores, entre eles o comercial, da nosa cidade, afectado pola crise do coronavirus e ao que tamén ofrecemos o respaldo que dende a administración local lle poidamos prestar para tratar de minimizar os efectos da situación que estamos vivindo”, asegurou Ferreiro.

Lea también

Contacontos no CPR Santiago Apóstol de Narón

A escritora e mestra, Paula Merlán, visitou na xornada deste xoves aos alumnos e alumnas …