Editorial.-«No Día das Letras Galegas»

Un ano máis e xa van 58 Galicia celebra o seu «Día das Letras» honrando a todas as xentes de boa vontade que durante a súa vida ofreceron á Humanidade toda unha serie de traballos no idioma da nosa terra destacando pola súa creación literaria e que son testemuñas do alto valor, do empeño, da loita por defender un idioma vivo, «o falar dos nosos avós».

Desde aquel primeiro Día do ano 1963 , instituido pola Real Academia Galega iniciado no centenario da data na quese publicou Cantares Gallegos de Rosalía de Castro,xa foron honrados homes e mulleres de Galicia, personaxes ilustres cuxo nome quedou gravado no «marco triunfal» dos mellores bos e xenerosos.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Valentín Lamas Carvajal, Ramón Cabanillas, Antón Villar Ponche, Vicente Risco,Francisca Herrera Garrido, Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Murguía, María Mariño, Ramón Piñeiro López, Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares Mouriño…entre outros aos que non hai que esquecer aos medievais Xoán de Cangas, Martín Códax e Mendinho, ou ao propio Alfonso X o Sabio, o das Cantigas. E este ano 2020 , por fin, ao ferrolán Ricardo Carballo ( ou Carvalho) Calero, despoiss dunha loita titánica , ano tras ano, por lograr que unha figura tan destacada das letras galegas fose homenaxeado, curiosamente o primeiro ferrolán que logra dedíqueselle un Día tan sinalado.

Neste Día, xa festivo todos os 17 de maio, deberiamos facernos a promesa, todos e todas, de tratar de que se manteña firme a chama do noso idioma, unha lingua sen confrontacións, á que debemos protexer e manter como algo propio, «o noso» e sen que iso supoña o menosprezar ao outro idioma oficial da nosa Galicia.

E quizais faría dous rogos, os dous destinados á Real Academia Galega. O primeiro é que dado que non se pode levar a cabo o amplo programa de actos previstos a causa do coronavirus, dicir que en outubro se celebrará «o acto central» no Jofre….que por algo extraordinario prolongásense as actividades no ano 2021.Moito pedir?.

E que do mesmo xeito que se fixo, pidiouse mil veces a dedicación do «Día das Letras Galegas» a RAG para Don Ricardo, teña en conta que dos 58 personaxes aos que se lles dedicou esa xornada únicamente catro son mulleres, Rosalía de Castro, Francisca Ferreiro, María Mariño e María Vitoria Moreno. Sobran palabras.

Feliz Día…aínda que como sempre adoita dicirse..felices días, os 365 do ano nos que poderiamos dedicar «un pouco máis» ao noso idioma. En Galicia Ártabra tratamos de facelo.

Permitánme que utilice unhas palabras doutro dos homenaxeados, o mindoniense Álvaro Cunqueiro, «Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: «Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis».
Desde Ultramar
Pedro Sanz-Director

Lea también

Editorial-Cuando de pronto el silencio se rompió en Ferrol

Momentos antes de las ocho de la tarde de este sábado reinaba un silencio, casi …