O BNG propón medidas para incrementar os ingresos municipais

Iván Rivas y María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno do vindeiro xoves con medidas concretas que axuden a mellorar os ingresos municipais «co obxectivo de que estes recursos económicos nos permitan encarar o futuro da cidade con dignidade e máis diante das lamentacións reiteradas deste goberno de carencia de recursos económicos para poder actuar na cidade«.

Para o BNG «cómpre asumir a necesidade de gastar o diñeiro que ten esta administración na xente e en servizos que a día de hoxe poidan estar precarizados e que son cada vez máis necesarios. Para iso é fundamental deixar nun segundo plano dunha vez por todos os criterios do austericidio económico establecidos pola administración estatal e aplicados sen discusión polos gobernos locais de turno e empezar a destinar os recursos públicos a resolver problemas dos veciños e veciñas«.

Máis para iso desde o BNG consideran preciso «rematar dunha vez cun grave problema da nosa cidade como é a falla de ingresos, unha situación anómala à que cómpre darlle solución de forma inmediata e máis nunha como a que nos imos ter que enfrontar nas próximas datas. A merma dos ingresos municipais como consecuencia das repercusións que terá na economia local a crise da COVID-19 fai preciso que, dunha vez por todas, rematemos cos privilexios que algunhas administracións e institucións gozaron até este momento na cidade coa complicidade dos gobernos locais«.

O BNG entre as medidas concretas que propón para solucionar esta situación considera necesario «comezar por facer que en Ferrol todos e todas teñamos as mesmas obrigas e por tanto esixirlle ao Ministerio de Defensa o pago dos tributos correspondentes às propiedades desafectadas existentes na nosa cidade, entre elas as incluídas no convenio entre o concello e este Ministerio. Esixir o pago do IBI de contribucións especiais deste ano e das anualidades anteriores que a Autoridade Portuaria non abona e que supón 700.000 € ao ano que a veciñanza da cidade deixa de percibir. Esixir á EMAFESA o pago do canón concesional, 1,4 M de € ao ano, que leva sen aboar desde o último trimestre do ano 2014 mentres nos segue a cobrar a taxa de depuración por un servizo que non prestou. E por último cobrarlle á Igrexa Católica as taxas e impostos municipais polas propiedades que non están afectas ao culto como poden ser aparcadaioros, vivendas ou baixos comerciais.«

Lea también

Aprobada en Ferrol la reparación de aceras en diversos puntos

La Junta de Gobierno Local ferrolano JGL dió luz verde al expediente de contratación de …

Un comentario

  1. Y cobrarle el IBI a sindicatos, partidos y chiringuitos de «colegas»… que se rigen por la misma legislación que la Iglesia para no pagar ni un catastral euraco.

    Supongo que ese olvido no es más que un pequeño lapsus ante tal batería de medidas novedosas y eficaces.

    De nada.