Campaña de seguridade viaria, sumar entre todos

Unha vez pasado o «peche» imposto pola corentena na que os cidadáns tiveron que manterse nas súas vivendas con escasas posibilidades de «cruzar a rúa» e unha vez que se permiten certas liberdades para empezar a organizarnos chega tamén o momento de facer unha importante reflexión: esa recuperación da nosa vida vai levar a unha maior mobilidade e desprazamentos dos cidadáns co conseguinte incremento de tráfico nas nosas estradas o que tamén incide nun maior risco de accidentes. A maioría deles poden evitarse se todos respetamos as normas de circulación e se poñemos empeño en facelo.

Volver á rúa implica adoptar medidas de prevención fronte ao coronavirus, co mantemento da distancia social ou o uso de máscaras. Pero non hai que esquecer a importancia das normas de seguridade viaria para protexer a nosa vida e a dos demais.

De ahí unha frase que debería quedar ben gardada e nunca esquecida «as rúas e as estradas son de todos», e todos temos a nosa parte deresponsabiliade cando transitamos por elas. Isto supón que se saes en coche, fai falta lembrar unhas normas primordiais como son o respectar os límites de velocidade, levar posto o cinto de seguridade e cumprir as directrices sobre a circulación.

Todo isto chega?. Tamén é necesario desactivar os elementos de distracción que poidan desviar a nosa atención ao volante. Os informes anuais de sinistralidade indican que unha elevada porcentaxe dos accidentes prodúcense por mor de descoidos relacionados especialmente co uso do teléfono móbil ou da radio., ou incluso por ir fumando.

Isto obríganos a ter presente que todos temos na nosa man o evitar este tipo de distraccións que afastan  a nosa vista da estrada ou da rúa, diminúen a nosa atención e tamén a capacidade de reacción, aumentando a posibilidade de sufrir un accidente, en ocasións de carácter grave.

Atención aos ciclistas e peóns

Debemos ter sempre en conta que nas estradas e nas rúas non só están presentes os vehículos e os condutores, pois tamén o están os ciclistas e os peóns,usuarios vulnerables das estradas. É necesario conseguir unha convivencia harmónica entre todos os usuarios, mantendo, por exemplo, unha separación de metro e medio ao adiantar a un ciclista.

Son regras básicas que todos os condutores coñecemos e debemos acatar cada vez que circulamos polas vías para contribuír á redución do risco de sinistros.

Sumar entre todos

Todos sabemos que os esforzos económicos e técnicos das Administracións públicas para construír infraestruturas viarias seguras e mantelas en idóneas condicións por si mesmos non son suficientes se a isto non se lle suma a responsabilidade de todos cando transitamos polas estradas.

 Fai falta sumar as sinerxías e os esforzos de todos os que empregamos as estradas, polo noso ben e polo dos demais, xa que non hai nada máis importante que blindar, que asegurar, a vida das persoas.

Coa paulatina recuperación da normalidade, tras meses de confinamento, cando imos pasando de fase en fase e ante a proximidade da época estival, tamén son moitos os cidadáns que incrementan os seus hábitos saudables de camiñar, correr ou practicar ciclismo.

Pautas de seguridade viaria

Para realizar estas actividades deportivas, debemos tomar as medidas de protección sanitaria precisas para evitar contaxios. Pero a estes preceptos debemos sumarlle pautas de seguridade viaria, que normalmente son pequenas accións que non supoñen moito esforzo e con todo, poden axudar a salvar vidas.

Unhas pautas fáciles de seguir, só fai falta poñer vontade e pensar nun mesmo e nos demais.
Se saes a camiñar, correr ou andar en bicicleta, debes asegurarte de facelo nun marco de seguridade, desprazándoche polo espazo idóneo para estas prácticas. 

Moitas estradas autonómicas dispoñen de sendas peonís e ciclistas que executou a Xunta, co obxectivo de facilitar a mobilidade dos cidadáns en condicións máis cómodas e seguras.

Facerse ver

Tamén é fundamental ‘facerse ver’, tanto se vas camiñando como en bicicleta, especialmente nas horas do día que contan con menos luz. Se aumentamos a nosa visibilidade ante os coches, estamos a minimizar a posibilidade dun sinistro e protexéndonos como usuarios vulnerables das vías. Por iso para incrementar a percepción da presenza de peóns ou ciclistas nas proximidades das estradas por parte dos condutores, resultan moi eficaces pezas como os chalecos ou os cortaventos reflectores. As federacións de ciclistas avalaron de forma reiterada a utilización desta roupa reflectora como unha medida útil á hora de garantir a seguridade daqueles que practican estas actividades.

Conscientes disto a Xunta de Galicia vén reforzando nos últimos anos a distribución de chalecos e cortaventos reflectores entre as asociacións veciñais ou os clubs ciclistas para fomentar a cultura da seguridade viaria, dun modo especial entre aqueles colectivos que máis percorren as contornas das estradas.

Concienciación cidadá

A concienciación cidadá resulta clave para reducir progresivamente as cifras de sinistralidade viaria. Neste sentido, a seguridade é cousa de todos, das Administracións públicas, cos investimentos necesarios, e dos cidadáns, desde os máis nenos aos maiores, con condutas responsables.

As campañas de divulgación seguen dando froitos e cada vez os nenos son máis conscientes da relevancia dun comportamento responsable nas vías.

Camiñar pola marxe esquerda, empregar itinerarios deseñados para este fin ou cruzar con cautela nos pasos de peóns son hábitos que os nenos aprenden nas aulas e despois lémbranlle frecuentemente aos seus maiores nas casas.

Son xestos mínimos que se todos incorporamos ao noso día a día multiplicarán a nosa protección e seguridade nas vías.

Cando fagamos uso das estradas, como condutores, peóns ou ciclistas, debemos ser responsables, cada un na parte que lle corresponde. Porque estaremos a coidar de nós mesmos e ao mesmo tempo dos demais.

Lea también

Avance en la mejora de la prestación de asistencia jurídica gratuita

La Xunta y el Consello da Avogacía Galega han pactado nuevas mejoras en la prestación …