«A auga tamén é saúde»

«A auga tamén é saúde», unha frase «de sempre» e que ante a crise sanitaria que estamos a afrontar como consecuencia da pandemia da covid-19 ponse mais de actualidade ca nuncae lémbranos a importancia da auga para a nosa vida e para o noso benestar.

Durante todo este tempo, a pesar de extrema preocupación pola saúde e polos posibles contaxios, os cidadáns puidemos seguir consumindo a auga corrente, da billa, en cantidade e con absoluta tranquilidade sobre a súa calidade, e todo porque antes de chegar aos nosos fogares a auga sométese a rigorosos tratamentos e a controis sanitarios que garanten as súas boas condicións. Mentres ficabamos na casa, os profesionais especializados e as infraestruturas continuaron a traballar para coidar da calidade das nosas augas.

Tamén continuaron activos os procedementos destinados a coidar as rías e os ríos aos que se verten as augas domésticas e industriais de Galicia, preservando dese xeito o medio ambiente, o turismo, a pesca, o marisqueo e a acuicultura. As obras en materia de abastecementos e de saneamentos son continuas , precisas e importantes .

Adopción de medidas

As empresas especializadas foron precursoras na adopción de medidas para poder seguir cumprindo co seu traballo de asegurar o abastecemento de auga á poboación e velar polo bo estado das rías e dos ríos. Esas entidades dotáronse de plans de continxencia, con gardas de persoal técnico especializado e remanente de reactivos suficiente para garantir o correcto funcionamento das estacións de tratamento de auga.

Co obxectivo de blindar os servizos de abastecemento e saneamento durante esta emerxencia sanitaria, tamén a Xunta de Galicia reforzou a coordinación coas principais empresas públicas e privadas operadoras do sector da auga na Comunidade. 

O traballo dos profesionais do sector da auga é esencial para asegurarlles aos cidadáns auga en cantidade e calidade, un recurso sempre básico na vida cotiá, pero aínda máis nestas circunstancias excepcionais. Os equipos están a traballar arreo, adoptando as medidas de protección necesarias para que non falte a auga nos fogares dos galegos e naquelas actividades económicas que a precisan.

Responsabilidade dos cidadáns

Tamén os cidadáns debemos actuar con responsabilidade na nosa relación coa auga. Protexer a nosa saúde e a dos que nos rodean obriga nestes días co tema do coronavirus a lavar as mans con maior frecuencia, pero cómpre facelo evitando gastar máis auga da que precisamos.

«A auga é vida«, pero tamén é un ben limitado, polo que ou seu uso racional é unha obriga de todos como cidadáns. Así, todos debemos contribuír dentro das nosas posibilidades a blindar este recurso tan importante e necesario.

É preciso manter hábitos de consumo responsable para non desperdiciar a auga. E con xestos diarios moi sinxelos que se convertan en costumes podemos acadar grandes resultados na preservación deste ben.

Medidas tan sinxelas como ducharse en lugar de bañarse, non deixar a billa aberta ao cepillar os dentes ou ao fregar a louza, instalar dispositivos de aforro ou reutilizar a auga son exemplos de hábitos doados para conservar este recurso imprescindible, cousa que ás veces deixamos en esquecemento..

A auga é un préstamo

A auga non é un ben de consumo da nosa propiedade, non é noso. Debemos entendela como un préstamo dá natureza que debemos devolverlle en boas condicións. A Xunta, a través dos técnicos de Augas de Galicia e das empresas colaboradoras, non só está a intensificar as accións para subministrar auga en cantidade, senón que tamén velar pola súa calidade, co control e tratamento oportunos.

A frecuente toma de mostras e a realización de analíticas permite coñecer a evolución do estado das masas de auga coa fin de mellorar a súa calidade e avanzar tamén no saneamento integral das nosas rías.

As infraestruturas hidráulicas como as estacións depuradoras e potabilizadoras son piares cruciais para garantir a idónea prestación dos servizos de saneamento e abastecemento.

Apoio aos concellos

Por iso, o Goberno galego continúa achegando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para dotalos das instalacións necesarias para proporcionarlles aos cidadáns servizos relacionados coa auga dun xeito eficiente.

Porén, non só se trata de construír infraestruturas senón tamén de mantelas e conservalas para asegurar ou seu funcionamento eficaz. Destas tarefas encárganse profesionais especializados, xa sexan dependentes das Administracións ou das correspondentes concesionarias.

Pero os cidadáns tamén podemos achegar o noso gran de area para facilitar o procedemento óptimo destas infraestruturas hidráulicas. De novo, os pequenos xestos e as accións responsables seguen axudando a preservar a auga e a súa calidade.

Polo tanto, debemos evitar verter polo desaugadoiro substancias contaminantes, aceites e graxas, ou produtos de hixiene como os ‘ bastonciños para os oídos’ e as ‘ toalliñas’ ou mesmo as máscaras, de uso obrigatorio nestes tempos.

Estes residuos, cando chegan a instalacións como as depuradoras, dificultan ou seu funcionamento, supoñendo prexuízos ao medio ambiente e incrementando o gasto e o traballo de administracións públicas e empresas para paliar estes efectos negativos.

Ante isto, só cabe a sensatez. Depositemos estes elementos no lixo, coa axeitada separación de residuos, e non os guindemos polo inodoro.

Porque a calidade da auga é garantía de vida, de saúde, de protección ambiental e de actividades económicas estratéxicas en Galicia como a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo.

A auga, como a saúde, é responsabilidade de todas e de todos.

Non queda outro remedio…. Coidémola!.

Lea también

Pre campaña electoral- «Galicia tiene lo que le corresponde» (Ministra de Hacienda en acto del PSdG-PSOE)

La ministra de Hacienda y portavoz del Gobierno, María Jesús Montero, ha ironizado con que …