O Concello de Fene autoriza a reapertura das instalacións deportivas ao aire libre

Pista de Centieiras | Concello de Fene

Tralo anuncio de que as instalación deportivas municipais cubertas continuarán pechadas durante o verán, a Concellería de Deportes de Fene informa hoxe da reapertura das instalacións deportivas ao aire libre. A medida afecta ás pistas polideportivas de Centieiras (Perlío), A Xunqueira (San Valentín), Fene, Limodre, Sillobre, Magalofes e Maniños, xunto coas pistas de atletismo do Pazo (Barallobre).

As instalacións deportivas ao aire libre do Concello de Fene poderán empregarse “sempre que os/as deportistas e demais usuarios das mesmas cumpran os requisitos e as normas básicas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias para previr os contaxios da COVID 19”.

A Concellería de Deportes elaborou un protocolo, baseado no artigo 41 da Orde SND/399/2020, de 9 de maio, e cartelería informativa coas normas básicas a ter en conta no caso de utilizar as pistas polideportivas municipais ao aire libre.

No documento, dispoñible na web municipal www.fene.gal, establécese que neste tipo de instalacións “poderá realizarse actividade deportiva en grupos de ata vinte persoas, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento do aforo máximo permitido”.

Ademais, sempre que sexa posible, “durante a práctica da actividade deportiva deberá manterse unha distancia de seguridade de dous metros” e, no caso de compartir material deportivo, “deberá ser desinfectado despois de cada uso”.

Aconséllase tamén non tocar os obxectos ou equipamentos de uso colectivo nin compartir bebidas, alimentos, linimentos ou outros productos, incluídos os sanitarios. E, no caso de ter febre, tos, dificultade para respirar, sensación de mareo ou calquera outra sesnsación extraña, non se poderá adestrar (aconsellándose consultar inmediatamente co/a médico de cabeceira).

Non tiremos pola borda o traballo feito ata agora. Protexámonos a nós mesmos e aos que nos rodean”.

Lea también

Decomisados en Mugardos 167 kilos de vieira y los utensilios empleados para extraerlos ilegalmente

La Patrulla de Protección de la Naturaleza (Paprona) de la Guardia Civil en colaboración con …