O Centro Municipal de Formación «Irmás Froilaz», en Narón, reiniciou este xoves a súa actividade,

O Centro Municipal de Formación «Irmás Froilaz», na Gándara, en Narón, reiniciou este xoves a súa actividade, que se irá incrementando paulatinamente nos vindeiros días, tal e como anunciou a concelleira de Formación, Natalia Hermida. “O reinicio da formación realízase atendendo ao protocolo establecido dende o Concello para as citadas instalacións municipais, como uso de mascarillas e produtos de hixiene de mans, desinfección das instalacións, mantemento das distancias de seguridade e regulación do acceso e saída do centro con reaxuste horario, para evitar aglomeracións”, explicou a edil naronesa.

Na mañá deste xoves retomouse a formación dun curso de “Soldadura MIG/MAG” e
establecéronse tres grupos de cinco alumnos cada un para poder utilizar con todas as garantías precisas os vestiarios, tal e como indicou Hermida. “Este venres reiniciarase o curso de Limpeza industrial e no mes de xullo os de Servizos básicos de restaurante e bar –o día 1- e de Xestión de Almacén e Loxística –o día 6-“, asegurou.

Así mesmo, no que respecta ás Accións Formativas para Desempregados (AFD) convocadas en colaboración coa administración autonómica, o alumnado disporá dun circuíto diferenciado para entrar ás aulas, ao ser obrigatorio realizar un control horario. Neste caso, o curso de Domicilio reiniciarase o 2 de xullo e o de Institucións sociais o día 3.

As previsións municipais de formación inclúen a maiores un curso de Institucións Sociais que se prevé iniciar o 14 de xullo –seleccionando ao persoal entre os días 6 e 9 do vindeiro mes-; outro de «Prevención de Riscos Laborais e módulos específicos do Naval» e un de «Carretilleiro e PEMP» (norma UNE) que tamén se iniciarán a mediados de xullo. A maiores impartirase un de «Traballos en alturas e en espazos confinados» que comezará tralos cursos de PRL e Naval.

Hermida anunciou ademais que “a partir do vindeiro 1 de xullo incorporaremos ao Centro Municipal de Formación un servizo de conserxería que nos permitirá abrir en horario de tarde e, deste xeito, dar cabida a toda a programación que tiñamos establecida na área de formación nesas instalacións durante este ano”.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …