Formada a sección sindical da CGT do Concello de Narón

O pasado día 5 de xuño quedou constituída a Sección Sindical da CGT do Concello de
Narón.
Este proxecto nace, según nota informativa, «coa ilusión de construír, sumar e participar xunto aos órganos existentes no Concello na resolución dos problemas individuais e colectivos, e presentar aquelas propostas que consideremos oportunas para defender os dereitos das traballadoras e traballadores, para garantir unhas
condicións laborais dignas e para defender os Servizos Públicos, tan importantes para tod@s, traballadores e cidadáns».

A CGT sinala que «ábrese paso no Concello de Narón ca mesma base programática que leva defendendo durante décadas; ser tanto unha ferramenta de loita sindical como de transformación social. A solidariedade e o apoio mutuo entre clase traballadora é o camiño para avanzar; sabemos que só nós, temos o deber de defender o que é noso e que se non o facemos ninguén o fará por nós.

A CGT do Concello de Narón está aberta á participación, e a recoller tódalas consultas e suxestións das traballadoras e traballadores municipais, sexan ou non afiliados, e sexan empregados directos do Concello ou externos. O noso compromiso é con tod@s. Neste eido xa comezamos a traballar, difundindo o comunicado do proxecto e achegándonos a falar cas traballadoras e traballadores para coñecer a súa situación laboral. Froito desas consultas, esta semana vimos de rexistrar a primeira táboa de necesidades, neste caso dos bombeiros, e continuaremos cos restantes departamentos e empresas externalizadas do Concello.
A constitución desta sección sindical é outro paso adiante no camiño de fortalecer en Ferrolterra o sindicalismo de clase, asembleario, transparente e solidario que representa a Confederación Xeral do Traballo».

A Confederación Xeral do Traballo

(*)A Confederación Xeral do Traballo, a CXT, é un sindicato de orientación anarquista nado en 1979 a raíz da ruptura ou escisión da CNT-AIT coa chegada da democracia representativa e o posterior proceso de reorganización e reestruturación dos sindicatos (en 1977).

É a terceira forza sindical española en representantes sindicais a gran distancia de CCOO e mais da UXT, mantendo unha lixeira vantaxe sobre a Unión Sindical Obreira. Ten forte presenza en Renfe e na industria do automóbil, especialmente en SEAT, Renault, Volkswagen e Ford. Tamén destaca a súa presenza nas Administracións Públicas, nos Correos e nos sectores de Banca, Sanidade e Ensino. Conta con 5 000 delegados sindicais e membros de Comités de Empresa, 60 000 afiliados e máis dun millón de votos entre os traballadores nas eleccións sindicais.

A CXT destacou nos últimos conflitos da SEAT e na folga dos traballadores de terra de Iberia en Barcelona, alén de nas últimas mobilizacións pola regulación dos traballadores inmigrantes en España.

(*)-Fuente Wikipedia .

Lea también

En Narón a crise da Covid obriga a cambiar catro colexios electorais para a xornada do 12 de xullo

O Concello de Narón  informa á veciñanza de que o vindeiro 12 de xullo, con …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *