En Narón a crise da Covid obriga a cambiar catro colexios electorais para a xornada do 12 de xullo

O Concello de Narón  informa á veciñanza de que o vindeiro 12 de xullo, con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia e ante a crise da Covid-19, realizáronse unha serie de cambios nalgúns colexios electorais da cidade para cumprir coas medidas sanitarias recollidas no protocolo da administración autonómica a causa do coronavirus.

En Narón, os electores do Distrito 2, Sección 3 que votaban na escola do Val terán que ir, ata novo aviso, ao local social do Val para exercer o seu voto.

Así mesmo, no caso dos do Distrito 4 e seccións 1 e 14, que votaban no local social de Piñeiros, deberán ir ao pavillón do colexio de Piñeiros.

Os electores do Distrito 4, seccións 7 e 20, que votaban nas instalacións do CEIP Virxe do Mar, farano no local social Virxe do Mar e os do Distrito 4 e seccións 8, 9, 10, 13 e 18 que votaban no CEIP A Gándara, terán que dirixirse na xornada electoral para votar ao Pavillón da Mocidade, tamén na Gándara.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …