O BNG presenta o seu programa de Igualdade e diversidade en Narón

O BNG de Narón estivo este xoves á mañá desde as 11.00 horas na praza da Gándara nun acto aberto con colectivos de mulleres desde o ámbito do deporte, pasando pola administración, sanidade ou representantes institucionais para poñer as políticas de igualdade na primeira liña do debate.

Esta presentación máis que un mítin é un coloquio participativo no que queremos que todas as presentes nos conten as súas propias experiencias no ámbito laboral e social,xa que seguramente nalgún momento da súa vida sufriron a precariedade que
seguimos a vivir a día de hoxe as mulleres, con contratos precarios, baixos soldos, ou
incluso algún tipo de violencia social, económica, psicolóxica, ...” declarou Marta
Grandal, responsábel local do BNG de Narón.

Quere o Bloque desta maneira deixar claro que para a súa organización as eleccións
galegas son unha oportunidade neste sentido “Teñen que valer para traducirse en
transformacións reais, en máis igualdade e máis dereitos. Comprometémonos a
elaborar unha nova Lei de Igualdade que fomente a corresponsabilidade e despregue unha rede de servizos públicos forte que garanta a conciliación real” indica Xiana González, candidata nº 19 do BNG e coñecida na comarca por ser unha referente en Galegas 8M e o movemento LGBT.

Entre as propostas do BNG está a histórica reclamación de investir o 1% dos
orzamentos da Xunta na loita contra a violencia machista, promover medidas
encamiñadas a unha maior integración da muller no mundo do traballo, promover a
Lei galega de identidade de xénero e a recuperación dos centros quérote + con
recursos humanos e económicos suficientes.

Indican afrontar con moita ilusión o 12 de xullo “temos a mellor candidata e a
oportunidade histórica de poñer unha muller feminista e nacionalista na presidencia
pero que non está soa, se non arroupada por unha organización feminista como o BNG.
Na nosa localidade somos un exemplo niso cunha voceira municipal muller ou cun
consello local con maioría de mulleres” declara Marta Grandal, responsábel local do
BNG de Narón.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …