Excursión a Valdoviño para coñecer o seu Museo do Surf d@s nen@s dos campamentos municipais de Guitiriz

O Concello de Guitiriz elixiu Valdoviño este ano para realizar as primeiras excursións dos seus campamentos deportivos de verán nos que participan uns 40 mozos e mozas da localidade. E esta semana o técnico municipal Manuel Martínez desprazábase ao noso municipio cos rapaces e rapazas en dúas quendas.

O pasado luns coñecían e disfrutaban da praia da Frouxeira pola mañá e trasladábanse a Vilarrube pola tarde para practicar paddle surf. Unha experiencia única para os nenos e nenas.

Na mañá deste venres reeditábase a visita cun segundo grupo de 21 nenos e nenas.
Acompañados tamén da alcaldesa, Marisol Morandeira, visitaban o Océano Surf
Museo, o único en España adicado en exclusiva ao surf. Como guías actuaron o
rexedor de Valdoviño, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio
Saavedra. Encargáronse así de descubrir os segredos do museo, nun percorrido
pola historia do surf dende as súas orixes ata a actualidade e con presenza
destacada das praias do noso municipio.

A visita dos rapaces e rapazas de Guitiriz continuou pola tarde na Frouxeira,
onde practicaron surf.

Lea también

La Mancomunidad de Concellos celebró en Valdoviño una jornada técnica de turismo

Valdoviño acogió esta semana una charla técnica organizada por la Mancomunidad para dar a conocer …