A alcaldesa visitou cos edís de Deportes e Obras os traballos de construción do campo de tiro con arco en Río do Pozo

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e os edís de Deportes, José Oreona, e Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse ás obras do novo campo de tiro con arco que o Concello constrúe nunha parcela de titularidade municipal do polígono de Río do Pozo. As novas instalacións deportivas municipais suporán un investimento que ronda os 30.000 euros e estarán operativas este mesmo verán, atendendo á evolución dos traballos e ás previsións que manexa a empresa adxudicataria.

Ferreiro explicou que se trata dun campo que se poderá utilizar para a práctica de tiro con arco, tanto no que respecta a adestramentos como para celebrar competicións desta modalidade deportiva. “Trátase dunha pista cunhas dimensións de 100×75 metros e que está nunha ubicación con excelentes conexións dende a autovía”, apuntou a alcaldesa.

A rexedora local asegurou que “coa construción destas instalacións deportivas dende o goberno local continuamos ampliando a oferta a disposición das nosas veciñas e veciños, co fin de garantir un espazo propio, neste caso ás persoas que practican tiro con arco, para gozar deste deporte”.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …