O Concello de Narón adquire un vehículo para reforzar o labor da sección de Obras e Medio Ambiente da Policía Local

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, participaron a mañá deste venres xunto co xefe da Policía Local, Eduardo Pita, no acto de recepción dun novo vehículo para a sección de Obras e Medio Ambiente da Policía Local de Narón.

O modelo adquirido polo Concello, un Toyota Land Rover, sumarase a outro vehículo que utilizaba o persoal do servizo, un Nissan Qashqai. “O vehículo co que estamos traballando actualmente esta en bo estado pero ao dispoñer dun máis poderemos reforzar o traballo que realizamos dende a Policía Local na área de Medio ambiente”, asegurou a alcaldesa, Marián Ferreiro.

Así mesmo, as prestacións do Land Rover 4×4 “farán posible poder acceder a camiños dificultosos ou a zonas de monte ás que ata agora había que chegar coa axuda dun vehículo con similares prestacións do Speis de Narón para poder realizar os pertinentes informes”, tal e como explicou a rexedora local.

“Dende o Concello de Narón continuaremos reforzando na medida do posible servizos como os que realizan os axentes da Policía Local, poñendo á súa disposición os recursos necesarios dentro das posibilidades da administración local para velar polo cumprimento da normativa en vigor e sancionar conductas e accións que incumpran esa normativa”, incidiu a alcaldesa.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

Un comentario

  1. A ver si tenemos suerte y hay alguien en el Concello con dos dedos de frente y mueve algo para solucionar
    el grave problema de gaviotas, que hay por todos lados pero principalmente en el barrio de La Gándara.

    En el colegio Virgen de Chamorro tienen establecido su cuartel general, sin que por lo visto en el Concello
    tengan noticias de ello. Algunas gaviotas, son más grandes que la mayoría de los patos. Hay un tema de
    insalubridad excepcional. No voy a comentar nada más, si quieren que pasen y lo vean.