O presidente da Deputación mantivo un encontro cos alcaldes do Ortegal

Estimular a creación emprego, axudar a reactivar a economía e reforzar os servizos sociais municipais serán as “prioridades absolutas” dos investimentos da Deputación da Coruña tras a Covid19.

Así o anunciou o presidente, Valentín González Formoso, durante a reunión que este xoves mantivo en Ortigueira cos alcaldes e alcaldesas da comarca do Ortegal para avaliar o alcance das medidas implementadas polo goberno provincial para apoiar aos concellos durante a crise da Covid19.

Ademáis do anfitrión, Juan Penabad Muras, no encontro participaron os rexedores de Cedeira, Pablo Moreda; Cariño, José Miguel Alonso Pumar; Cerdido, Benigno Galego; Moeche, Beatriz Bascoy e Mañón, Alfonso Balseiro.

González Formoso recoñeceu a labor do mundo municipal durante “uns meses difíciles nos que os concellos, ás veces case sen medios, centraron os seus esforzos en atender as necesidades da veciñanza” , así como a de numerosos colectivos coma camioneiros, sanitarios, protección civil ou traballadores dos supermercados “aos que hai que recoñecerlles o seu esforzo”, pois tiveron “un papel fundamental” para que o país seguira funcionando.

Pola súa banda, o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, agradeceu a colaboración da Deputación “que estivo ao carón dos municipios do Ortegal durante a crise sanitaria”, tanto suministrando material de protección, coma as mascarillas cando escaseaban, coma prestando apoio económico para programas de vital importancia para os concellos e para unha reactivación económica que será clave para o futuro do país.

Un Plan de Reactivación de 10 millóns de euros para autónomos e pemes

Na reunión, González Formoso repasou as numerosas medidas implementadas pola Deputación para axudar aos municipios na saída da crise e escoitou as propostas dos alcaldes e alcaldesas, moitos dos cales expresaron a súa preocupación polas consecuencias económicas e laborais que acarreará a pandemia para moitas familias e empresas.

Neste sentido, o presidente da Deputación da Coruña explicou que, tras un proceso de restruturación a fondo dos orzamentos de 2020 para adaptalos á realidade poscovid, o seu goberno terá a reactivación económica e a potenciación dos servizos sociais como principais prioridades.

Formoso anunciou que a Deputación acollerá este venres a presentación do Fondo de Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña, unha liña extraordinaria do PEL dotada cun 10 millóns de euros que ten como obxectivo  apoiar aos autónomos e microempresas máis afectadas pola crise da Covid19. No seis concellos que conforman a comarca ortegana, as axudas superarán os 377.000 euros. 

O presidente afirmou que o goberno provincial ten dar á a coñecer este venres as bases do novo plan, que se desenvolverá en colaboración cos concellos da provincia menores de 50.000 habitantes e que suporá na práctica duplicar os 10 millóns que a Deputación inviste cada ano en materia de emprego “para chegar ao maior número posible de autónomos afectados pola cris”

3,2 millóns para apoiar aos municipios do Ortegal

Valentín González explicou que as achegas da Deputación durante estes meses supuxeron unha inxección económica de máis de 3,2 millóns de euros para os municipios do Ortegal. Entre elas destaca o Plan Único, con máis de 2,4 millóns aprobados para a zona, que permiten aos concellos afrontar gastos esenciais e acometer obras que axudan a reactivar a economía.

A rehabilitación da biblioteca municipal Juan Fernández Latorre de Ortigueira, a reforma e construción dunha pérgola na praza de Galicia de Cedeira,  a ampliación da rede de abastecemento de auga en Casavella (Cerdido), a construción de novos parques infantís e biosaludables no porto de Bares (Mañón) ou a creación dun parque en Feás (Cariño) son algunhas das infrastruturas públicas que se construirán cos fondos do POS+2020.

Como novidade principal deste ano, o POS+ incluíu unha partida de 4 millóns de euros procedentes de superávit para que os concellos poideran afrontar os gastos sociais extraordinarios derivados da Covid19, dos que 200.000 se destinaron aos municipios da Costa da Morte.

Os investimentos provinciais supuxeron tamén un apoio importante para os concellos no ámbito social e do emprego con programas como o de servizos sociais comunitarios, que destinou 413.762 euros para reforzar os servizos sociais e de axuda no fogar dos concellos de Ortegal “cando son máis necesarios que nunca”, ou o PEL-Concellos que, cun investimento de 180.000 euros na zona, crea este ano 26 empregos directos para persoas con especiais dificultades de inserción laboral, co obxectivo de  mellorar os servizos públicos.

 

Lea también

Neda impulsa varias jornadas de puertas abiertas en la escuela infantil Os Pelegríns

El Ayuntamiento de Neda promueve durante la próxima semana varias jornadas de puertas abiertas en …