O endurecemento do protocolo sanitario obriga a cancelar o XX Triatlón Cidade de Ferrol

O Triatlón Cidade de Ferrol cancelado | Triatlón Ferrol

O XX Tríatlon Cidade de Ferrol previsto para o 9 de agosto finalmente ten que ser suspendido.

A pesar de que tanto o Concello como a Autoridade Portuaria facilitaron que a carreira a pé puidese desenvolverse polo paseo de Irmandiños para gañar espazo ou pechar por completo o acceso do público á transición e meta situadas en Curuxeiras, a última actualización do protocolo autonómico para o retorno ás competicións deportivas fai que a organización da proba decida cancelala definitivamente.

Segundo esa norma, os triatletas deben gardar 2 metros de distancia interpersoal sempre que estean sen máscara, é dicir, exclusivamente durante a competición.

Desta forma, a pesar de ter limitado a participación para evitar as aglomeracións entre competidores e público, actualmente non é posible atopar unha alternativa segura aos circuítos previstos.

A organización da proba lamenta os inconvenientes que esta cancelación poda ocasionar e desexa que a área de Ferrol se manteña sen positivos por coronavirus.

Lea también

El 5 de mayo, Torneo 3X3 de baloncesto “Jornada Histórica de la Armada “, en Ferrol

El próximo domingo, día 5 de mayo, en el contexto de las actividades que se …