O BNG de Narón pide unha actuación urxente por perigosidade de danos persoais en rutas e camiños naroneses

Olaia Ledo e Marta Grandal

O BNG de Narón denuncia o estado das rutas e audioguía do concello e reclama unha solución urxente para o cruce de camiños de Santiago e San Andrés ante os perigos evidentes preto do muíño das Aceñas.

A situación do Camiño Inglés e de san Andrés de Teixido ao seu paso por Xuvia e o Couto en Narón atópase con escombros, sen accesibilidadade, cartelería rota, un muíño das Aceñas en estado ruinoso e co tellado caído e, ademais, con zonas sen valar con fendas en pasos e pontes “na que pode caer perfectamente desde un neno a unha persoa adulta directamente á ría desde unha altura de metros, calquer día temos unha desgraza en Narón se non o solucionamos” indica Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón.

O BNG denuncia así non só o estado desta ruta na que moitos naroneses e naronesas pasean a diario se non a situación das rutas creadas con sistema de “audioguías” e anunciadas hai máis dun ano polo concello hoxe en estado moi mellorábel nas parroquias afectadas coma Doso, tamén poñen o acento na área recreativa de Pedroso.

Reclaman que, de maneira inmediata, toda a contorna do río Xuvia sexa acondicionada, retirar a cartelería defectuosa por unha nova, arranxar todos os paseos de madeira levantados, limpar a contorna do muíño das aceñas, repoñer cartelería do muíño de Xuvia que xa ten aprobada a rehabilitación e valar as zonas perigosas para o paseo ante o que poida acontecer. Para isto veñen de rexistrar no concello rogos para que Tega e PSOE , na maior brevidade posíbel, tomen as medidas necesarias “pensar que temos un patrimonio valiosísimo que se cae como é ter o muíño de mareas que foi o meirande da península en moendas en estado ruinoso, unha ría contaminadísima ao seu carón na que ademais nos podemos atopar todo tipo de lixo incluído un carro da compra e que pola zona do camiño inglés haxa perigos de caídas de metros co valado de protección roto ou arrincado preocúpanos e moito, mais non só polo turismo se non especialmente polas persoas que vivimos en Narón e que temos dereito a desfrutar dos camiños de maneira segura e inclusiva. Todo nun concello con contas saneadas mais que só destina nos seus orzamentos actuais un 8% a novos investimentos, pois nós xa lle propoñemos aquí unhas cantas cousas onde investir” declara Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Convidamos á prensa a facer un paseo pola contorna e ver do que estamos a falar e na que reclamamos unha solución antes de que sexa tarde. Non nos vale que o grupo de goberno faga propaganda da contorna cando o primeiro debería ser solucionar todas as eivas, desde o Muíño das Aceñas a toda a contorna que percorre o río Xuvia, presa do rei ou a área recreativa de Pedroso” continúa Marta Grandal.

O BNG denuncia así esta situación e  anuncia que, de non solucionarse, veranse obrigados a continuar cunha campaña de concienciación e insistir que o concello tome medidas “Non valen as palabras ou dicir que son Narón… o que nos valen son os feitos e de momento os feitos non convidan ao entusiasmo” afirman desde o BNG da localidade.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

2 comentarios

  1. Lastimosamente, llevan razón. En realidad………… hasta poco después de Larage, el Camino Inglés de Ferrol es un desastre de proporciones bíblicas. Sucio en muchas partes del recorrido, deslabazado, incongruente, peligroso, mal señalizado…. con tramos épicos como el basurero poligonal que te lleva a la escalera puentera en Vilar do Colo, la redonda rotonda de A Gándara, el molino del reportaje (y su acceso por encima-debajo-delado de la autopista) y otros muchos, sin olvidarnos de mojón (literal y figurado) del inicio, en el muelle.

    Mucho hacerse foticos todos los alcaldes y trincapastas del meollo… pero sigue exactamente igual que siempre, siendo mantenido apenas por algun ciudadano maravillosamente loco, algún vecino con el que alucino y por los caminantes que estamos hasta las orejas de que piensen que en Ferrol somos unos cerdos irresponsables más vagos que un liberao sindical.

  2. Tienen razón , nosotros caminamos por ahí y un día va a pasar algo… y la solución parece fácil pero aquí en Narón dejamos car nuestro patrimonio y nos llenamos d epropaganda y pensamos que somos los mejores… ni mucho menos… ver
    Como tienen casas históricasde Xubia es unha vergüenza… a ver si consiguen que el concello haga algo