Permanece aberto no Concello de Narón o prazo de solicitude de axudas para material didáctico e comedores escolares

A concelleira de TEGA, delegada da área de Ensino de Narón, Mercedes Taibo, recorda que o Concello mantén aberto ate o venres 14 de agosto o prazo de solicitude das axudas municipais para adquisición de material didáctico escolar para alumnado de centros de ensino públicos e concertados e as axudas de comedores para alumnado de centros concertados no vindeiro curso académico 2020-2021.

Taibo indicou que as solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas-, na Sede Electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As axudas para material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Narón serán para matriculados en segundo ciclo de Educación Infantil, educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, FP de Ciclos medios, Educación Secundaria de Adultos e Centros de Educación Especial.

Diríxense a familias empadroadas en Narón e cuxa capacidade económica non supere os umbrais económicos establecidos na convocatoria e demais requisitos da mesma, que se poden consultar na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Material-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf as de material escolar, e de: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Comedor-Escolar-curso-2020-2021- BOP-24-07-2020.pdf as dos comedores escolares.

Así mesmo, en canto ás axudas de comedor escolar, destínanse a familias de alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral.

As persoas interesadas en solicitar máis información sobre as persoas destinatarias destas axudas, documentación a presentar ou impreso de solicitude poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello.

Lea también

Axenda en Narón o 20 e 21 de abril

Sábado 20 de abril de 2024 Actividade: Obradoiro “Encadernación ecolóxica” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico …