Vicente Araguas presentou en Neda a súa terceira novela en galego

O escritor Vicente Araguas, Fillo Predilecto de Neda, presentou este martes á tardiña na Casa de Cultura nedense, a súa terceira novela en galego. Unha obra titulada Través do Trebón, que vira ao redor da sublevación militar de 1936 nunha cidade cuxa vida económica depende en gran medida dos militares da súa base naval.

O autor, que estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Verónica Vigo, e polo profesor Eduardo Fra Molinero, adiantou aos asistentes algunha pincelada do seu novo traballo. A trama retrata unha sociedade semiacomodada, cuxos habitantes asisten impasibles á inestabilidade política do momento, amoldan a súa liña de
pensamento e comportamento ao devir dos acontecementos. Con Través do
Trebón Araguas, quen destaca fundamentalmente pola súa obra poética, reforza a súa faceta de novelista.

Co obxectivo de garantir a seguridade e cumprir as medidas preventivas fronte á
covid-19, o Concello limitou o aforo da presentación, á que se podía asistir tras reservar invitación. E os nedenses, unha vez máis, responderon ao escritor e
completaron o reducido aforo dispoñible.

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …