Os concellos de Ares, Ferrol e Neda promoven a segunda edición do Festival Teatral de Entes Animados

Os concellos de Neda, Ares e Ferrol danse a man para poñer en marcha este ano a segunda edición do Festival Teatral de Entes Animados (FESTEA 2020). Un ciclo de espectáculos de títeres que na mañá deste luns presentaban na Casa das Palmeiras a concelleira de Educación de Ares, Noelia Montero; a edil de Cultura de Neda, Verónica Vigo, e o director artístico do certame e representante da
Asociación Titerario, Plamen Dipchikov. Arrancará este xoves 20 de agosto e
prolongarase ata o 30 do mesmo mes. Respecto á edición pasada, o festival suma
compañías e espectáculos. A entrada é de balde, as funcións diríxense a un público
familiar e precísase inscrición previa.

Programa e concellos

Seguindo o calendario previsto, Ares convertirase este xoves no primeiro escenario
do festival. A compañía andaluza Teatro de las Maravillas traerá ao xardín de A
Tenencia, en Redes, a súa función “Fantoches” a partir das 20 horas.

O domingo 23, ás 12,30 horas, Teatro Arboré, de Aragón, ofrecerá no paseo marítimo de Neda -nas inmediacións do Albergue- a súa obra “Títeres de Cachiporra”. Obra que
repetirá a partir das 19,30 horas no parque municipal Raíña Sofía de Ferrol.

Áseguinte semana, a praza da Constitución de Ares albergará ás 20 horas a función
“El caballero de la mano de fuego”, a cargo da Compañía de Víctor Biau, de Aragón.

O ciclo concluirá o domingo 30 de agosto. No campo da Feira de Albarón Alauda
Teatro de Castela e León ofrecerá a función “The Puppet Circus” ás 12,30 horas, e
a mesma compañía representará “Cristóbal Purchinela” no parque municipal Raíña
Sofía de Ferrol ás 19,30 horas.

Reserva de entradas

Para asistir ás funcións é preciso reservar entrada: en Ares dende o luns anterior á
función chamando ao teléfono da Biblioteca (981 44 80 57) e en Neda, na Casa da
Cultura ou no teléfono 981 39 02 33 tamén dende o luns e ata o venres previos (de
10 a 14 horas).

Actividades seguras

Nesta liña, Noelia Montero lembrou o uso obrigatorio da mascarilla e abogou por
actividades culturais seguras, con aforo reducido e con todas as garantías, xa que esta é, apuntou, a prioridade nestes momentos. Feito no que coincidiu Verónica Vigo, que tamén puxo en valor a unión entre os tres concellos para a posta en marcha de iniciativas que, individualmente, municipios pequenos non poderían asumir. Pola súa banda, Plamen Dipchikov subliñou a calidade e nivel dun certame que buscará en 2021 sumar novos concellos para continuar ampliando as súas posibilidades.

Lea también

Fene inicia na avenida de Tarrío o acondicionamento de beirarrúas

O uso de formigón impreso, que está a aplicar o persoal municipal, aumenta a durabilidade …