O BNG pide que o Concello facilite máscaras aos centros de ensino «para paliar a irresponsabilidade» da Xunta

Iván Rivas y María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol manifesta o seu apoio a folga e mobilizacións convocadas para mañá, xoves, coincidindo co inicio do curso escolar en primaria, para esixir unha volta segura as aulas e propón ao goberno local «que forneza de máscaras aos centros de ensino da cidade«.

O BNG considera que a Xunta de Galicia está actuando «de maneira irresponsábel diante do comezo do curso escolar. A Xunta non está a preocuparse de garantir unha volta segura as aulas, xa que non está a dotar aos centros de ensino de máis profesorado e máis espazos que permitan cumprir cos requisitos de seguridade sanitaria baixando as ratios por aula para garantir que se poidan manter as distancias de seguridade nen se eocupa de facilitar máscaras de protección aos centros de ensino«.

Desde o BNG salientan que a obrigatoriedade de levar máscaras, mesmo de reposto, «pode supor un custo insaumible para algunhas familias sen que desde a Xunta se teña en conta esta realidade e se neguen a facilitar máscaras aos centros de ensino. É por iso que diante desta actitude irresponsábel no que a Xunta non aporta os medios de protección suficientes para poder cumprir coas suas propias medidas entendemos que o Concello de Ferrol debería colaborar cos centros de ensino, aportando máscaras, para que todas as nenas poidan cumprir coas medidas de prevención«.

O BNG fai unha chamada as familias e profesorado «a secundar a folga convocada para os días 10 e 16 de setembro coincidindo co inicio do curso escolar na Galiza e participar nas concentracións«.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …