Teatro e música regresan ao Pazo da Cultura de Narón. Este venres, concerto de Sés

Os espectáculos teatrais e a músicaregresarán de novo a partir da vindeira semana ao Pazo da Cultura. “O protocolo establecido para cumprir as medidas sanitarias de prevención da Covid-19 marcará o desenvolvemento da programación deseñada dende o Padroado da Cultura para o último cuadrimestre do ano, na que haberá
espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos”, tal e como recordou a alcaldesa
 e presidenta do citado organismo, Marián Ferreiro.

Concerto de Sés

A primeira das citas, apuntou, terá lugar o vindeiro venres, día 18, e estará protagonizada pola cantante Sés. A partir das 20.30 horas dará comezo o concerto no que presentará ao público o seu sexto traballo discográfico, “Liberar as arterias”. Durante aproximadamente dúas horas poderanse escoitar os temas deste disco, no que a artista amosa a súa continua evolución no estilo musical e a súa alma cantareira.

O prezo das entradas é de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e menores de 14 anos. Aínda quedan algunhas disponibles, polo que as persoas interesadas en asistir poden adquirilas no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da
Cultura: www.padroadodecultura.es.

O sábado, teatro

O día seguinte, o sábado, día 19, ás 20.00 horas, terá lugar outra representación teatral, nesta ocasión a comedia “As Virxes salvaxes”, da compañía Teatro do Noroeste. A temática desta peza xira en torno á situación de recluír ás persoas maiores en institucións nas que os coiden, unha situación que xorde coas présas e os apuros da cultura urbana, donde os maiores parecen non ter cabida. Unha nova interna chega a unha destas institucións porque a súa filla non a pode atender, e outras realizan, sen pretendelo, unha revolución poñendo en cuestión a institución, xerando un caos no que non faltarán situacións tremendamente divertidas.

As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para as tarifas reducidas.

Programación dirixida a público familiar e infantil 

A programación dirixida a público familiar e infantil tamén se retomará este mes, concretamente o día 20. A compañía Fantoches Baj representará o espectáculo “Os golfiños e o xigante”, a partir das 18.00 horas. Baseada nun feito real, esta peza é unha fábula contada con sombras chinesas, protagonizada por Bao Sí Shun, un home considerado polo Récord Guiness o máis alto do planeta e que grazas ao seu longo brazo conseguíu extraer dúas boias de piscina do esófago duns delfíns. A adestradora dun acuario irá na súa procura superando diferentes atrancos, atopándoo na súa aldea natal, dende onde van salvar aos delfíns.

O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e 5,50 para menores de 14 anos.

Pecharán a programación deste mes no Pazo os integrantes da compañía Funamviolinistas, o día 26 ás 20.00 horas co espectáculo “ContraEscena”, unha proposta de teatro musical de algo máis dunha hora de duración e protagonizada por tres artistas itinerantes que van presentando o seu show por diferentes lugares. O público poderá ver o que sucede entre bastidores, as intimidades destas tres mulleres que dan a coñecer en clave cómica e dramática o reto que supón conciliar as súas responsabilidades, dúbidas e aspiracións persoais coa convivencia entre elas. Trátase de tres mulleres moi distintas entre elas pero que tamén teñen lazos que as unen. A
alegría e o bo humor marcan este espectáculo sobre a vida, na que todos somos protagonistas.

As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para público xeral e 6,65 con tarifa reducida.

Lea también

A alcaldesa felicitou á triatleta Paula Herrero, do club Náutico Narón

 A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu na mañá deste luns ao presidente do club …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *