O Concello de Valdoviño impulsa dende a vindeira semana o programa de monólogos teatrais “Únic@s”

Os veciños e veciñas de Valdoviño amantes dos monólogos están de sorte. O Concello retoma a vindeira semana a súa programación cultural activando “Únic@s”, un ciclo municipal no que este xénero teatral será o gran protagonista. Abrirá o proxecto, promovido no marco das actividades de Cultura no Camiño+, o popular actor Quico Cadaval.

O 25 de setembro, ás 20,30 horas, chegará ao auditorio da Casa da Cultura o
espectáculo de Producciones Teatrales ExcéntricasCadaval conta…vacas,   guerras, porcos e cregos”. Unha obra na que o artista narra a historia dun antepasado, e as peripecias protagonizadas polas personaxes nada virtuosas que o rodean.

O ciclo terá continuidade nos seguintes dous venres, tamén a partires das 20,30 horas. Así, na xornada do 2 de outubro subirá ao mesmo escenario o humorista arzuán Xan Veiga, co seu “Que anos aqueles”, unha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera. E pechará “Únic@s” o monologuista valdoviñés Jorge Baleo, xa o día 9.

Sinalan dende a Concellería de Cultura que as representacións, nas que será de uso obrigado a mascarilla, terán aforo limitado, co obxectivo de garantir a distancia de seguridade. E engaden que a entrada é gratuíta con retirada de invitación (2 por persoa). Poderase facer na Casa da Cultura na mesma semana das actuacións, en horario de 11 a 14 horas.

“Únic@s”, organizado polo Concello de Valdoviño, intégrase dentro de Cultura no
Camiño +, o proxecto de dinamización cultural das localidades do Camiño de Santiago e doutras rutas de peregrinacións complementarias, financiado pola Xunta e Gadis.

Lea también

Investigado un conductor que sufrió un accidente en Cedeira cuando casi cuadruplicaba la tasa de alcohol

  El Destacamento de Tráfico de la Guardia Civil de Ferrol ha investigado a un …