Preto dun cento de imaxes optarán aos premios do XI Concurso de Fotografía Cidade de Narón

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou que o xurado do “XI Concurso de Fotografía Cidade de Narón” valorará este ano un total de 86 imaxes. O certame, organizado polo Concello reuniu a un total de trinta e dous participantes, que presentaron entre unha e tres –tope máximo- fotografías a esta convocatoria. A edil naronesa avanzou que o xurado ten previsto reunirse este mesmo xoves para valorar as imaxes presentadas, todas elas baixo pseudónimo.

As persoas que desexen saber se as súas fotografías están entre as seleccionadas para ser valoradas –por cumprir os requisitos establecidos nas bases- poden consultar o listado de pseudónimos na web do Concello: www.naron.es.

A imaxe que obteña a mellor puntuación da suma dos criterios establecidos: creatividade, calidade e orixinalidade, obterá un premio en metálico de 750 euros, se ben a segunda e terceira mellor clasificadas obterán 300 e 150 euros, respectivamente. A maiores, tamén se editará un calendario de sobremesa para o ano 2021, no que a maiores das tres imaxes premiadas do certame aparecerán as outras nove con máis puntuación do xurado.

A concelleira de Turismo agradeceu a participación un ano máis de veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos neste certame, de Ferrol, Fene, Valdoviño, Neda e Bergondo, tal e como indicou. “A través do que queda constancia dalgúns espazos, actividades e do patrimonio da nosa cidade, que ten moito que ofrecer á veciñanza e visitantes”

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …