O Concello constitúe o Consello Sectorial da Lingua e ratifica a aprobación do seu regulamento interno

Consello sectorial da lingua | Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presidiu na tarde de onte, venres, a sesión constituínte do Consello Sectorial da Lingua, que tivo lugar no salón de plenos do pazo municipal. A continuación procedeuse a celebrar a primeira sesión ordinaria, na que se ratificou a aprobación do regulamento interno do novo órgano que, tras a súa aprobación no pleno, se publicará no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Será entón cando se abra un período para que as entidades que desexen participar soliciten o seu ingreso no consello. Poderán facelo un máximo de 15 entidades —sempre que nos seus estatutos estea a defensa da lingua galega— e cinco particulares. Polo momento integran o novo órgano ademais do alcalde, a concelleira de Normalización Lingüística, Cristina Prados, membros dos grupos políticos municipais, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e a Fundaçom Artábria.

Tras ratificar a aprobación do seu funcionamento interno, o consello abordou a proposta de solicitude á Real Academia Galega para dedicar o Día das Letras do ano 2021 ao escritor Ricardo Carvalho Calero, dado que este ano as circunstancias sanitarias impediron o normal desenvolvemento dos actos previstos con motivo da celebración.

Lea también

Ferrol se adhiere a la Red de Municipios en Transición Junta-ACOM

El teniente alcalde de Ferrol y concejal de Promoción Económica y Empleo, Javier Díaz, avanzó …

Un comentario

  1. Curioso. Ahora sólo falta saber a qué lengua se refieren, de las 483 variantes de «lingoa nai» que van a ir representando los asistentes al sarao. Porque a la fiesta, no dudo que van a acudir los normativos de primera ola, los de segunda y tercera, los revisionistas, los lusistas, los reintegracionistas, los xunteiros, los del conachés y, por supuesto, los castrapeiros.

    Los únicos que no acudirán a la mariscada será el pueblo llano, que tiene cosas más importantes que hacer… como dar de comer a sus hijos con lo que les sobre de haberse dejado robar los impuestos que pagan estos juegos florales (si no se han quedado en el paro aún, claro!)

    En fin. Prioridades, sospeito!