Narón-A licitación o proxecto de iluminación do novo campo de fútbol de herba artificial en Río Seco

O concelleiro de Deportes de Narón, José Oreona, informou sobre o proxecto de iluminación do novo campo de fútbol de herba artificial cuxas obras se ultiman xunto ao estadio municipal de Río Seco, actualmente en proceso de licitación por un importe de 77.999 euros. O edil explicou que as empresas interesadas en acometer os traballos dispoñen de prazo ata o día 20 deste mes –ás 23.59 horas- para presentar as súas ofertas no Consistorio, dispoñendo de toda a información e os plegos relativos a este contrato na Sede Electrónica de Narón.

Os traballos, tal e como indicou Oreona, implican “levantar catro torres, tres de 16 metros e unha cuarta de 19, máis elevada por estar a base nunha cota inferior que as outras tres, para poder instalar os proxectores de iluminación led á altura axeitada para estas instalacións”. Cada unha das torres levará doce proxectores, se ben unha delas, segundo figura no proxecto, levará un proxector adicional –tamén led- pola súa ubicación.

Os equipos que se instalarán no novo campo de fútbol de Río Seco cumpren todos os requerimentos técnicos para este tipo de luminarias exteriores e ofrecen a vantaxa, ao ser alumeado led, de que os gastos de consumo e mantemento serán moi inferiores aos sistemas que se utilizaban con outro tipo de tecnoloxía”, recalcou o concelleiro de Deportes.

En canto ao avance dos traballos que actualmente se executan no campo de fútbol de herba artificial de Río Seco Oreona asegurou que “están avanzando a moi bo ritmo e estes días estábanse instalando as barandas e realizando outras intervencións para rematar o proxecto, aínda que o mal tempo destes días condicionará un pouco o desenvolvemento dos traballos pendientes”.

O concelleiro naronés asegurou que “a previsión que manexamos a día de hoxe é que rematen no prazo establecido para poder poñer as instalacións a disposición da veciñanza en canto sexa posible”

Lea también

Narón-Asinados convenios coa Asociación Asotrame e a Asociación Exalcohólicos Ferrolterra

 A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro,  asinou novos convenios de colaboración cos representantes da Asociación …