Día das Letras Galegas. Carballo Calero

 Luis  Calvo Teixo (*)

Houbo que agardar a 2020 para celebrar, e podemos decir que non é sin tempo, o Día das Letras Galegas adicado a don Ricardo Carballo Calero. Coido que era unha obriga pendente lembrar a unha das persoas que máis fixo en vida pola nosa cultura e tendo como base fundamental o idioma propio, a língua galega e, aínda seguen ahí os seus traballos nos cales apoiarse.

Xa falei deste tema xusto antes de comezar esta especie de autosecuestro, chamado confinamento, a raíz da inauguración no Ateneo Ferrolán dunha exposición do concello de Lugo chamada “Carballo Calero en Lugo” na cal por medio de textos e imaxes nos fala da estadía de Carballo Calero en Lugo. Na mesma pois poidemos coñecer unha faceta da súa vida descoñecida para os ferroláns que tan dados somos a
esquecer, ou non ter moito en conta, a vida e feitos de persoas que tiveron un papel importante ao longo da súa vida na sociedade e ás veces ten que desaparecela persoa para decatarnos da súa importancia e aportación no Facer Ferrol.

Nado en Ferrol Vello en outubro do ano 1910 e morre en Santiago o 25 de marzo de 1990, tendo unha vida moi intensa dende cativo. Estuda no Instituto Eusebio da Guarda na Coruña e con quince anos ingresa na Universidade e con só vinte anos remata a carreira de Dereito, licenciándose pouco máis tarde en Filosofía e Letras. En 1928 fai a súa primeira publicación, o poemario “Trinitarias” sendo membro do Seminario de Estudos Galegos. En 1933 casa coa súa compañeira de estudos, ela de Lugo, María Ignacia Ramos, onde estiveron exercendo como profesores do colexio Fingoi, entre os anos 1950 e 1965.

Carballo foi un dos fundadores do Partido Galeguista e redactor do Estatuto de Autonomía de Galicia, xunto con Alexandre Bóveda, Risco, Paz Andrade o cal fora aprobado no 1928 por unha grande maioría de galegos (993.351 a favor dun censo total de 1.343.135) sendo presentado en Madrid días antes do golpe de Estado
de Franco, por Gómez Román e Castelao ao presidente da Segunda República, Manuel Azaña, era o 15 de xullo de 1936.
A rebelión contra a República colleuno en Madrid pasando a formar parte do Batallón de Voluntarios no Exército republicán e remartada a Guerra Civil foi acusado de separatista nun Consello de Guerra e condenado a 12 anos e un día de reclusión maior  en Jaén, sendo posto en liberdade condicional no 1941, pero sen poder exercer cargos públicos, volvendo a Ferrol coa súa dona Ignacia ata 1950 no cal se instalan en Lugo onde ao longo de 15 anos desenvolveron unha vasta actividade no ensino e culturalmente. Nesta faceta valía calquera tipo de actividade que desenvolvera o traballo e imaxinación dos nenos: o estudo, o teatro, a creación literaria, promocionando o interese por calquera língoa, sobor de todo no galego, os traballos manuales, as festas e convivencia, excursións e un longo etcétera dunha educación e formación integral que non se alonxaba moito da Educación de Libre Enseñanza fomentada durante a República.

Carvalho Calero foi un loitador pola cultura galega que promocionou ao longo da súa vida en múltiples factores como escritor, poeta, narrador e outros formando parte de diferentes organismos importantes como o Seminario de Estudios Galegos en 1923 ou a Real Academia Galega en 1958.

Foi un promotor e defensor do reintegracionismo, o cal sostén a postura lingüística de que o galego é unha variedade da lingua portuguesa e básicamente a súa proposta era a adopción dunha grafía baseada na normativa lusa. Esta postura viña dada polas circunstancias sociáis nas cales o abandono oficial no ensino co silencio imposto ao idioma galego era unha realidade e por outra nun intre que considerou que a unidade da língua falada en Galicia, segundo algúns escritores galegos, tiña un principio fundamental e tradicional co ámbito idiomático portugués e seguir a teoría da unidade lingüística galaico-portuguesa e brasileira tendo en conta o alcance e área que ocupaba no mundo polo cal en pouco tempo chegaríase a máis de 200 millóns persoas, sen quedar atrás dos idiomas inglés ou chino.

Estes días, dentro da situación actual, non queda outra, aos que admitímos as normas marcadas polas autoridades de turno, que empregalo tempo entre exercicio, ordenador, watshap, TV, teléfono e lectura, algo que nos vímos obrigados, algo bó que non nos prohibíron, a recuperala costume da lectura.

Días atrás falaba da sorpresa de coñecer no Ateneo Ferrolán as actividades de Ricardo Carvalho Calero ao longo da súa estancia en Lugo no colexio Fingoy coa súa dona María Ignacia cando aos alumnos lles ensinaban aparte da parte literaria tamén a realizar traballos de tipo industrial, tal e como facían cos aprendices da Bazán.
Así, coas lecturas de diversas publicacións realizadas por diferentes persoas, entre elas varios ferroláns que me recordaron imaxes da miña nenez soupen algo máis de don Ricardo, algunas delas como o feito das súas vivencias na rúa San Carlos, rúa Magdalena, San Francisco e Praza Vella ou mesmo dos seus traballos como

Antigo Concello no Cantón

funcionario do concello cando estaba situado nos Cantóns ou mesmo de profesor nun instituto que albergou un edificio do mesmo Cantón, hoxe propiedade e sede da Fundación Abanca. Cantas horas teño pasado nos mesmos lugares que tiveron un algo especial para mín e xogos diante daquel concello e baixo aqueles árbores cheíños a tope de paxáros e compartílas merendas cunha tostada de aceite e zucre ou de onza de chocolate.

Todo esto ven a conto pola satisfación de darme conta que sempre estamos a tempo de

Antigo Instituto Ferrol

deprender algo que con poucos anos non te enterabas do que había ao teu arredor e hoxe, con non poucos anos, podes valorar como no seu día tomala decisión, máis ben aceptar que tiñamos dous idiomas e que a cada lugar que ías falaban un pouco distinto e te entendías igual aínda que no chollo era normal, por parte de algúns de chamarlle aldeanos ou de fora de portas a aqueles que vivían da Ponte das Cabras para alá ou falaban galego.

Remato ou cambio de tercio para dicer que con vinte e poucos anos decidín escribir e pensar en galego, ao meu xeito, pasando un pouco da normativa aprobada naqueles tempos, e non entendía moitos escritos e diferencias e non estou arrepentido. Hoxe, con estas publicacións e lecturas entendo un pouco máis esos cambios é gracias en parte a homes como don Ricardo. Carvalho Calero mudóu a súa escrita cando comezou a utilizar a grafía portuguesa por mor de dous feitos, por unha banda as circunstancias sociáis nas cales o abandono oficial no ensino co silencio imposto ao
idioma galego era unha realidade e por outra nun intre que considerou que a unidade da língua falada en Galicia segundo algún escritores galegos tiña un principio fundamental e tradicional co ámbito idiomático portugués e seguir a teoría da unidade lingüística galaico-portuguesa e brasileira.  
Nesta nova posición, máis clara a prol das orixes do idioma galego véuse apoiada no seguimento, por parte de don Ricardo, de Rodrígues Lapa, lingüista portugués con sona internacional como especialista na literatura medieval e admirador da cultura galega que defendía a unificación lingüista galego-portuguesa, algo do cal xa se tiña falado en tempos da República española.

A postura de Carvalho Calero, no seu día foi criticada e mal utilizada na súa contra, achacándolle despeito no seu cambio de actitude por mor de non ser escollido como Presidente da Real Academia Galega, logo da morte do seu presidente Martínez Risco no ano 1977. Quen así falaba non tiña en conta que don Ricardo xa escribira varios artigos na prensa e conferencias nesa liña xa desde o ano 1975 e por outra tamén tíñase manifestado oposto a tal circunstancia por dúas cousas moi importantes, a primeira a súa situación por exercer un cargo administrativo en Santiago o cal impediríalle exercer como presidente da Real Academia Galega que esixía a residencia do seu presidente na Coruña e por outra de carácter individual dado que as súas actividades sociais e literarias ás cales non estaba disposto a renunciar que veríanse coartadas pola cantidade de tempo necesario para exercelo cargo de presidente.

(*)-Luis Calvo Teixo e  Presidente da Asociación Cultural ConXeito
«As imaxes son do antigo concello de Ferrol, sito nos Cantóns e o que no seu día foi Instituto no cal estivo durnate un tempo don Ricardo Carballo Calero. As caricaturas son cedidas por meu bon amigo Siro López Lorenzo».

 

 

 

Lea también

O 20 de maio daranse a coñecer os gañadores do II Concurso de BD de Humor Demo Pequeno

Na recta final do prazo estipulado para a presentación de debuxos, o Museo do Humor …