O BNG se reune con hostaleiros e autonomos e pide a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento para estes sectores

Iván Rivas reunido co colectivo de hostaleiros e hostaleiras | BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo esta mañá unha reunión con representantes do colectivo de hostaleiros/as e autónomos/as de Ferrolterra afectadas polas restricións nas súas actividades derivadas da crise sanitaria da covid e na que avaliaron a situación actual na que se atopan e as medidas de apoio que precisan, «que pasan primeiramente por unha exención das taxas municipais pola falta de actividade«.

O BNG considera e así lles trasladou que as axudas aos sectores afectados polas restricións e peches derivados da crise «deben ser directas«. Así mesmo, «é urxente que desde o goberno local se decrete de maneira inmediata a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento como se fixo no mes de marzo. Hai locais que están pechados e se lles segue cobrando estas taxas como se estiveran a pleno funcionamento o que se ten convertido nunha auténtica lousa económica para os propietarios destes estabelecementos«.

O BNG tamén aposta por estabelecer «axudas directas para axudas ao aluguer ou para compensar a perda de facturación«. Así mesmo e de cara ao vindeiro ano «cómpre modificar as ordenanzas de lixo, auga e saneamento para que as bonificacións afecten aos que máis o precisan e aplicar exencións fiscais en función da realidade na que os locais poidan traballar«.

Neste encontro tamén se abordaron outro tipo de iniciativas como «a creación dunha bolsa de baixos baleiros, a peonalización do casco histórico da cidade, a ordenanza de terrazas e medidas de impulso de cara ao sector cultural e artístico na cidade«.

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …