Narón-O Concello presentou a páxina web da Concellería de Promoción Económica

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou na mañá deste xoves a páxina web da citada área nun acto programado no Concello e que se puido seguir a través da plataforma Zoom. O edil explicou que o resultado “é froito de máis dun ano de traballo” e destacou a importancia de promocionar o sector industrial, comercial e a área de servizos de Narón a través desta nova ferramenta. A web, á que se pode acceder dende a dirección: bussines.naron.es e que conta tamén cun Facebook propio e pode consultarse dende calquera dispositivo, está operativa e servirá tamén de base, tal e como apuntou Pita, para promocionar a cidade e os seus potenciais en diferentes eventos.

Queremos dar unha visión de todo o que ofrece Narón para atraer novas empresas á cidade”, explicou, incidindo en que se trata dun espazo web “sinxelo e claro, que permite a calquera iniciativa empresarial dispoñer en tres idiomas –galego, castelán e inglés- de información concisa e práctica do Concello”. Na web, segundo sinalou, diferéncianse tres sectores económicos, tamén por tamaño, as pemes ou grandes empresas e fíltranse espazos dispoñibles, tanto en locais comerciais como en polígonos industriais. “Esta información estará actualizada permanentemente”, asegurou.

Na páxina infórmase tamén sobre as axudas que se ofrecen dende o Concello, como o programa Doing Bussines e destácanse as comunicacións, servizos complementarios e outros medios ao alcance das empresas asentadas ou que queiran asentarse no termo municipal. “Narón tamén ofrece servizos, porque dispoñemos de tres polígonos, As Lagoas, A Gándara e Río do Pozo, que contan con toda a infraestrutura necesaria para desenvolver diferentes sectores de negocio e que se complementan cun amplo sector comercial, un centro comercial e unha variada oferta hostaleira, entre outros”, apuntou Pita.

O edil agradeceu a colaboración que ofreceron as asociacións Cofer, AJE Ferrolterra e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra á hora de deseñar esta páxina web e indicou que está aberta a posibles suxerencias co fin de actualizala e ofrecer ás persoas que visiten a páxina toda a información que precisen.

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …