Narón-A alcaldesa asinou un convenio de colaboración co presidente do Club de Piragüismo

alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou co presidente do Club de Piragüismo Narón, Eduardo Lourido, un convenio de colaboración para continuar fomentando na cidade esta actividade e, ao tempo, fomentar a participación dos integrantes do club en campionatos da citada especialidade deportiva. O importe do acordo rubricado é de 8.000 euros, tal e como indicou a rexedora local.

O convenio permitirá que se continúe fomentando coa colaboración do Concello a práctica do piragüismo dende as categorías base ata as sénior, polo que o club encargarase de realizar, coordinar e promocionar as actividades relacionadas con este deporte, así como desenvolvelas”, apuntou Ferreiro. Así mesmo, a entidade colaborará co Consistorio na organización de eventos vencellados a esta actividade.

A alcaldesa felicitou á directiva e aos deportistas do citado clube naronés polos logros acadados e desexoulles moitos éxitos na actual tempada, valorando o feito de que representen a Narón tanto nesta cidade como noutras ás que se desprazan para participar en diferentes campionatos.

Lea también

O Concello de Narón presentou no Pazo da Cultura o “Plan de Igualdade Coeducativo”

As concelleiras de Ensino e Igualdade, Mercedes Taibo e Mar Gómez, respectivamente, presentaroneste venres no …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *