Narón-O Concello ultima a mellora do acceso ao centro cívico social de Sedes

O Concello de Narón ultima estes días os traballos de mellora do acceso ao centro cívico social de Sedes, xa aglomerado e donde nos vindeiros días se procederá a delimitar os espazos habilitados para o estacionamento de vehículos, reservándose espazo para uso de persoas con mobilidade reducida. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona para ver o avance da intervención, orzamentada en algo máis de 7.500 euros, tal e como indicou a rexedora local.

Esta actuación enmárcase nun programa impulsado dende o goberno local para acondicionar o acceso aos locais sociais da zona rural e tamén o entorno dos mesmos”, explicou Ferreiro. No caso concreto de Sedes, recordou, “dende o Concello xa se realizou un investimento na adquisición dunha parcela anexa ao local, donde posteriormente se acondicionou un parque infantil e outro biosaudable, mesas, bancos… e tamén se destinou unha importante partida a acondicionar e reparar o local social, ampliando o edificio, mellorando a eficiencia enerxética e a accesibilidade”. Ferreiro subliñou que se trata de “actuacións encamiñadas a reformar as instalacións e incrementar os servizos da veciñanza da zona rural”. Os traballos realizados no interior e exterior do edificio e o acondicionamento do parque supuxeron o pasado ano ás arcas locais un investimento conxunto duns 120.000 euros, segundo recordou a alcaldesa.

A maiores das obras que se levaron a cabo en Sedes, o Concello tamén destinou unha partida de algo máis de 16.600 euros a mellorar o acceso do local social de San Xiao, actuación xa rematada e que completa o programa deseñado dende o goberno local para a zona rural e que xa se acometeu tamén nos centros cívicos sociais de San Mateo e O Val.

“Continuamos avanzando na mellora dos locais sociais da zona rural, mellorando a súa accesibilidade e tamén o seu entono e completando os servizos que ofrecen ás veciñas e veciños das parroquias ao contar nas súas inmediacións con parques infantís”, apuntou Ferreiro.

A alcaldesa explicou que “as melloras nos accesos aos centros cívicos sociais de Sedes e San Xiao enmárcanse nun amplo programa dotado cunha partida de 241.000 euros con cargo á que tamén se reforzou a rodadura de camiños das parroquias do rural naronés”.

Lea también

En Narón-Encuentran en su vivienda el cadáver casi momificado de una mujer

Una vecina de Narón, de 59 años, ha sido localizada sin vida en el interior …