O Esteo volve á boa dinámica ante a SD Xove

Instante do encontro ante a SD Xove | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Gran e sufrido triunfo do O Esteo ante un conxunto da Mariña que conseguía igualar marcador prácticamente a cada momento en que se adiantaban os locais.

Era Rubi o que facía o primeiro coa súa habitual pillería, tras aproveitar un rexeite dentro da área (3´), e logo era Jacobo o que poñía o segundo, cun tiro cruzado tras saque de córner (10´). Pero antes do descanso igualaban os lucenses tras un remate por alto de Bruno (14´) e un forte disparo de Mini (17´).

No segundo período tras un tiro ao poste de Troncho, recolle Rubi o rexeite, sendo derrubado, cun penalti que transformaba Jacobo (23´), pero pouco duraba a ledicia, pois tras unha perda dentro da área de Héctor, o goleador Manu Jiménez recorta a Jesús e marca a porta baleira (24´).

Voltabanse a adiantar os locais cun golazo de Rubi en xogada persoal (33´), pero tras un falta moi ben executada, Manu sirve a Pancho que remata a pracer só dentro da área (34´).

Arriscou O Esteo con porteiro xogador nos últimos minutos, e Jacobo cunha bonita parábola conseguía introducir o balón pegado ao segundo pau (38´). Os cinco goles, da dupla ex do O Parrulo. Os visitantes, tamén con xogo de cinco, apretaron no último tramo, pero o marcador non se moveu e os ponteses son terceiros con 10 puntos, visitando ao líder, Ribeira de Piquiín.

O ESTEO FS. Jesús, Héctor, Troncho, Bruno, Rubi – Jhony, Jacobo, Aitor, Alberto, Cokito.

ONDE SEMPRE XOVE FS. Fajardo, Pancho, Manu, Gomes, Bruno – Chema, Semedo.

GOLES. 1-0, Rubi (3´), 2-0, Jacobo (10´), 2-1, Bruno (14´), 2-2, Mini (17´). 3-2, Jacobo (23´), 3-3, Manu (24´), 4-3, Rubi (33´), 4-4, Pancho (34´), 5-4, Jacobo (38´).

Tarxetas: Aitor, Gomes, Alberto.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Encontro a porta pechada. Minuto de silencio polo falecemento de Diego Armando Maradona.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …