Valdoviño pecha desde este venres o acceso ao faro de Meirás pola alerta vermella

 O Concello de Valdoviño pechará este venres o acceso ao faro de Punta Frouxeira, como consecuencia do temporal costeiro de nivel vermello, que comezará na madrugada deste xoves.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía sinala que se esperan nesta franxa litoral ondas que poden superar os oito metros de altura e ventos moi fortes.

Con esta decisión o concello extrema as medidas de precaución co fin de previr
accidentes nunha zona de acantilados, especialmente perigosa coas condicións do mar que se esperan: mar combinado do noroeste con ondas de oito a nove metros.

Ao tempo, desde o goberno local recoméndase á poboación en xeral que evite achegarse á zona de costa e que cumpra as recomendacións do 112.

Ademais, en tanto se manteña a alerta vermella, queda prohibido o baño e a práctica de deportes náuticos vencellados á costa.

Lea también

La formación en suelo pélvico y su gestión para prevenir patologías llega a Ortigueira en mayo

Tendrá lugar el viernes 24 en el Local Social de San Adrián de Veiga y …