O BNG insta ao goberno local a completar a renovación do Mercado de Caranza

Iván Rivas, portavoz municipal do Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, visitou esta mañá as novas instalacións do mercado municipal de Caranza coincidindo coa súa apertura para felicitar aos operadores por este feito e pediu ao goberno local que inicie o proceso para ofertar os postos que a día de hoxe continúan baleiros.

O BNG considera que «hai que optimizar estas instalacións municipais, dinamizalas e dar a oportunidade de que outras persoas poidan desenvolver a actividade comercial nestas instalacións ocupando os postos que a día de hoxe se atopan baleiros. O goberno local debería desenvolver, ao igual que esta a facer nos outros mercados municipais da cidade, un procedemento aberto para a concesión dos postos baleiros destas instalacións, durante catro anos mediante a súa concesión directa«.

Así mesmo, desde o BNG, entenden que a recuperación e renovación deste mercado municipal «non pode ficar paralizada nen limitarse ao proxecto de erenovación que hoxe culminou«. Por este motivo, Iván Rivas insta ao goberno local de Angel Mato «a desenvolver o proxecto de renovación do resto das instalacións do mercado para o que compre habilitar a partida económica precisa nos orzamentos municipais para a execución da 2ª fase do proxecto de recuperación e renovación do mercado municipal de Caranza«.

Por último o BNG considera tamén que agora o que compre é que o goberno local «desenvolva unha campaña informativa entre os veciños e veciñas da cidade para dar a coñecer os mercados municipais e estas novas instalacións para promover entre a cidadanía a importancia de apostar polo comercio local«.

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …