Naron-Entregada a cuarta cesta con produtos de Nadal e vales de compra

O alcalde accidental de Narón,  Guillermo Sánchez Fojo, o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e Susana Oreona, da Asociación de Comerciantes Narón (ACN), entregaron na mañá deste luns no Concello a última cesta con produtos de Nadal e os vales de compra sorteados na “Campaña Nadal 2020” organizada polo Concello en colaboración coa ACN. A cuarta e última cesta sorteadas a través desta iniciativa foi para Reyes López.

Preto dun centenar de establecementos comerciais da cidade participaron nesta campaña, que se desenvolveu entre os días 1 e 31 de decembro do pasado ano co obxectivo de potenciar as vendas no pequeno comercio local eque repartiu catro cestas con produtos de Nadal e cheques para canxear no comercio local por un importe conxunto de 3.000 euros, entregándose este luns os dez últimos, por un valor global de 2.800 euros.

Así mesmo, entregáronse a Erik Rivas, Aldara Rodríguez e Lola Villarino os vales por importe de 100 euros cada un por participar no concurso de redacción infantil “Fálanos do teu comercio favorito” e a Alba Souto, Iria Cao Martín Corral outros tres vales polo mesmo importe polos debuxos que realizaron no marco do certame de debuxo infantil “Debuxa o teu comercio favorito”.

En canto á clientela que estes días realizou as súas compras nos comercios adheridos a esta campaña, os vales de 300 euros foron para María Isabel Grima e Isabel Parada e os de 500 euros para Carolina Rodríguez e Sara Vellón.

Os comercios participantes tamén entraron no sorteo de vales por importe de 200 euros, que recaeron nos establecementos Bioreona, Rocío Rodríguez e Cande Interiorismo.

 

O alcalde accidental de Narón, o edil de Promoción Económica e a representante da Asociación de Comerciantes Narón felicitaron ás gañadoras e gañadores tanto das cestas como dos vales de compra, que deberán gastar nos establecementos adheridos á campaña antes do vindeiro 15 de xaneiro.

Sánchez Fojo e Pita destacaron tamén a implicación dos establecementos comerciais da cidade que un ano máis se sumaron a esta iniciativa e tamén o traballo realizado dende a Asociación de Comerciantes de Narón.

Lea también

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman “Trocolibro”

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman dende este luns …