O Esteo logra unha importante victoria ante o Transricard Distrito Ventorrillo

Rubi ante el Transricard Distrito Ventorrillo | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Sufrido e valioso triunfo do O Esteo 4-3 no encontro disputado este domingo á mañá no Pavillón de A Fraga ante o cadro coruñés do Transricard Distrito Ventorrillo, presidido pola gran Pilar Neira.

No primeiro partido do 2021 para os ponteses pronto se poñían en vantaxe tras unha boa xogada de Jacobo, que sirve a Héctor e o capitán marca dentro da área, pero antes do descanso lograban igualar os visitantes.

No reinicio, tras unha boa triangulación entre Héctor, Rubi e Alberto, era este último o que marcaba, só no segundo pau, pero pronto voltaban a empatar os coruñeses.

A pouco do final pegaron un estirón os locais con dous goles consecutivos, primeiro Jacobo servíalla a Jhony e este marcaba de tiro raso dentro da área, e despois era o habilidoso Rubi quen marcaba de tiro picado ante a saída do porteiro coruñés.

Pero houbo que sufrir ata o final pois co porteiro-xogador Puertas recurtou distancias e a poucos segundos do final entre Jesús e o pau evitaron a igualada e tres valiosos puntos quedaban para un Esteo que marcha cuarto con 13 puntos antes de recibir ao Sala Ourense.

O ESTEO FS. Jesús, Héctor, Aitor, Rubi, Jacobo – Jhony, Cokito, Troncho, Bruno.

TRANSRICARD DISTRITO VENTORRILLO. Óscar, Vitu, Alejandro, Guillán, Chapu – Andrés, Kevin, Berto, Toca, Puertas.

GOLES. 1-0, Héctor (4´), 1-1, Guillán (14´). 2-1, Aitor (23´), 2-2, Kevin (26´), 3-2, Jhony (34´), 4-2, Rubi (35´), 4-3, Puertas (38´).

Incidencias: Amarelas a Jacobo e Andrés. Pavillón de A Fraga. Uns 50 espectadores.

Lea también

El Sincro Ferrol retomó sus competiciones

El Club Sincro Ferrol ha podido volver con su actividad en las competiciones de la …